O Mos-Keo Colectivo recupera o Enterro do Porco

enterro-do-porco

 :: O sábado 28 de febreiro Mos despide as festas do entroido co Enterro do Porco, que organiza a Asociación Xuvenil Mos-Keo Colectivo ::

:: Ás oito da tarde comeza o velatorio no Pazo de Mos, dende onde sairá o “cortello” fúnebre en dirección á Carballeira, onde se procederá á queima do Porco e á lectura do seu testamento ::

O Mos-Keo colectivo, que cumpre dez anos en 2009, foi o creador do Enterro do Porco, unha celebración que se deixou de facer nos últimos entroidos, pero que agora queremos recuperar para todos os veciños da parroquia e do concello de Mos.

O Porco, que xa é recoñecido como a figura característica do entroido de Mos, representa cada ano un personaxe distinto. En 2009, para conmemorar o 200 aniversario do paso do exército de Napoleón pola Louriña, o porco asume a personalidade de Don Porcón de Bourbón Martini de Orujo, un Marqués de Mos afrancesado (o personaxe é ficticio) que apoia á emperatiriz Nidia Bonaparte no seu intento de ocupar pola forza o Concello de Mos.

Antes de ser capturado e asasinado polos veciños, o porco deixou escrito un testamento, que se lerá na Carballeira antes da incineración do defunto. Nas súas últimas vontades o porco lémbrase dos membros da corporación municipal e de todos os veciños que adquiriron certa notoriedade no último ano. O testamento do porco, sempre polémico, é unha das partes da festa que xera máis expectación entre os veciños.

Durante a queima comezará tamén a actuación de “Cé, Orquestra Pantasma”, un home orquestra que a ben seguro deixará abraiados a nenos e maiores. Todo o mundo está convidado a participar no velatorio, no “cortello” fúnebre e na festa da Carballeira. Non se esixe rigoroso loito, pero canta máis xente se implique máis divertido será o Enterro do Porco.

O sábado, coincidindo coa festa, sairá tamén á venda a revista do Mos-Keo que inclúe, entre outros contidos, dúas reportaxes sobre a historia de Mos. Unha referida ao paso do exército francés pola Louriña no ano 1809 e outra sobre o traslado da capital de Mos a Petelos en 1935. Como non podía ser doutro modo, os que queiran conservar o testamento do Porco tamén o poderán atopar no suplemento de entroido da revista.

 

Advertisements

2 Responses to “O Mos-Keo Colectivo recupera o Enterro do Porco”


  1. 1 diogo 27 Febreiro 2009 ás 12:00

    Que viva o porco

  2. 2 arastro 28 Febreiro 2009 ás 18:31

    aviso os do moskeo ,como veñan por aqui os do bng rapidamente fan coma en vigo e fanvos cambiar o enterro do porco polo de nemo van de orixinales emiraselle o plumero.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: