Feiraviva, a Feira de Produtos Ecolóxicos do Concello do Porriño, incluida no programa de feiras “Galiza Sustentábel”

 feiraviva20014

A Consellaría de Medio Rural presentou o programa de feiras “Galiza Sustentábel”, unha iniciativa que se desenvolve por terceiro ano consecutivo coa finalidade de poñer en valor os produtos do medio rural, e que nesta edición inclúe 16 feiras ao longo da provincia de Pontevedra.


O acto de presentación do programa contou coa presenza do Delegado Provincial da Consellaría do Medio Rural, Gonzalo Constenla; o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López; a Directora Xeral de Comercio, Ana Rúa; e o Alcalde do Porriño, Raúl Francés.

“Galiza Sustentábel” é un programa de feiras sustentábeis, organizada pola Asociación para a Cooperación dos Concellos do Rural, e patrocinada pola Consellaría de Innovación e Industria, pola Consellaría do Medio Rural, e pola Axencia Galega de Desenvolvemento
Rural (Agader). Estas feiras, teñen como obxectivo a promoción, potenciación e valorización dos produtos tradicionais e de tempada, ao tempo que apostan polo consumo consciente e pulan pola artesanía, a agricultura e a gandeiría ecolóxicas, as nosas tradicións e
o patrimonio inmaterial galego.

Na mostra de produtos ecolóxicos e naturais do Porriño, Feiraviva, que este ano celebra en novembro a súa quinta edición, combínanse os tradicionais expositores de alimentación, textil, librarías, produtos envasados, xoguetes, bioconstrucción, etc; con obradoiros sobre
alimentación e consumo responsábel. A principal finalidade da mostra é conseguir que a cidadanía valore a importancia dunha correcta alimentación para levar unha vida saudable, e adquira un sentido crítico respecto a importancia dun comercio xusto e responsábel.
A Concelleira de Medio Ambiente, Miriam Martínez Troncoso, manifestou que “A inclusión de Feiraviva no programa de feiras Galiza Sustentábel é un recoñecemento ao traballo realizado pola Concellaría de Medio Ambiente nestes cinco anos, consolidando unha
feira coa que buscamos, ademáis de ofrecer un espazo para que as persoas produtoras den a coñecer os seus produtos, promover a concienciación sobre o medio e un consumo xusto e responsábel”

Advertisements

0 Responses to “Feiraviva, a Feira de Produtos Ecolóxicos do Concello do Porriño, incluida no programa de feiras “Galiza Sustentábel””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: