Relax e cultura enchen o programa mosense para o Día da Muller

 :: Un circuíto termal no Palacio da Auga e o concerto da Señora Carme son as estrelas da programación ::

O Concello de Mos, a través da concellería de Benestar Social que dirixe a edil Ana María Rodríguez Cabaleiro, ten organizado un programa de actividades co que celebrar o Día Internacional da Muller que terá lugar o vindeiro 8 de Marzo.

Segundo informou a concelleira responsable “este programa será o punto de partida que estimule o desenrolo do resto de actividades que se realicen ó longo do ano e que terán como protagonistas principais ás mulleres mosenses”. Rodríguez Cabaleiro declarou tamén que “coa programación do Día Internacional da Muller pretendemos que esta se sinta satisfeita consigo mesma, que crea nas súas propias potencialidades e que conte con recursos físicos, intelectuais, psicolóxicos e sociais para dar a mellor desposta ás necesidades que lle van xurdindo ó longo da súa vida”.

O programa de actos abarca fundamentalmente as áreas de ocio e relax, e arte e cultura. No apartado de ocio e relax atopámonos cun circuíto termal no Palacio da Auga en Mondariz, que se prolongará do día 2 ó 6 de Marzo. Esta actividade realizarase en horario de manán e o Concello porá á disposición das mulleres participantes un autocar que as traslade ó municipio veciño. Cada día poderán participar entre 20 e 25 persoas que sumarán, ó final das xornadas, un máximo de 110 mulleres. As prazas distribuiranse por parroquias, contando cada unha delas con 10, excepto Tameiga e Sanguiñeda que, polo seu maior número de habitantes, disporán de ata 15 prazas. As mosenses que desexen participar nesta iniciativa da concellería de Benestar Social deberán inscribirse na asociación veciñal ou cultural correspondente ás súas respectivas parroquias. As veciñas das distintas parroquias mosenses teñen asignado cadanseu día para desfrutar do circuíto termal: as de Cela e Pereiras farano o luns día 2 de Marzo, as de Sanguiñeda e Petelos o martes 3, as de Torroso e Mos o mércores 4, as de Louredo e Guizán o xoves 5 e ás de Dornelas e Tameiga corresponderalles o día 6 de Marzo, venres.

Na área de arte e cultura realizaranse os obradoiros ‘A saúde a través do arte’, nos que se empregará a expresión artística como medio de crecemento e mellora persoais. Levaranse a cabo procesos creativos en grupo. Estes obradoiros terán lugar do 2 ó 6 de Marzo en horario de 18.00 a 20.00 horas e albergarán a un total de entre 15 e 20 participantes diarias. O luns día 2 celebraranse na asociación veciñal Chan do Bosque de Sanguiñeda, o martes 3 realizaranse no Pazo de Mos, o día 4 serán na A.VV O Plantel de Guizán, o xoves 5 na asociación de veciños San Rafael en Pereiras e o venres día 6 de Marzo no Multiusos das Pozas.

Tamén dentro do apartado artístico e cultural enmarcarase a exposición de pintura que se exhibirá na Casa do Concello dos días 2 ó 6 de Marzo, e que terá como temática as estampas protagonizadas por mulleres plasmadas polos grandes mestres da pintura ós que esta pintora mosense lles rendirá homenaxe.

Seguindo coa área do arte e acultura, o sábado día 7 de Marzo terán lugar no Pazo de Mos tres eventos diferenciados: unha exposición de pintura co título de ‘Mulleres con cargas’ de Encarna Álvarez, artista e psicóloga, quen comentará a súa obra empregándoa de fío conductor para facer unha reflexión sobre a súa visión da muller no mundo actual; a exposición dos traballos realizados durante a semana nas asociacións veciñais e culturais con motivo dos obradoiros ‘A saúde a través do arte’; e un concerto da Señora Carme, cantante do grupo Malvela, que actuará no Pazo a partires das 19.00 horas.

Advertisements

12 Responses to “Relax e cultura enchen o programa mosense para o Día da Muller”


  1. 1 diogo 24 Febreiro 2009 ás 12:42

    Non sei que teñen que ver as reivindicacións históricas das mulleres con ir de escursión a Mondariz

  2. 2 unquepasaba 24 Febreiro 2009 ás 22:12

    Unha pregunta, aver se alguen sabe a resposta, a xefa de prensa do Concello de Mos non sacou unha nota informativa do ben que saiu a festa de entroido, exito rotundo con abucheos pa señorita pola boa organizacion, como se nota que queremos acabar co entroido que as criticas nunca che sentaron ben…E bueno, que alguen dos que entra aqui, que se levan moi ben coa marquesa, que lle digan que as notas de prensa que non as fagan tan de outra epoca, que cheiran moi a podre…E si e certo en Mos temos xefa de prensa, por iso de lavarlle a cara a quen a ten manchada con formas de outras epocas…

  3. 3 un de Cela 25 Febreiro 2009 ás 15:08

    isto das augas esta ben ,o das comidas de entroido tamen,pero para todos,eu pido dende eiqui que a xuventude reclamemos,comidas,excursions,ceas,etc …todo subvencionado.
    todo cacicada,paremos esta desfeita,un respeto para meu veciño,que cos menus que ofrecen, non pode asistir a ningunha destas ofertas culturais.coño que meu veciño so come, caviar e marisco.que fino e carallo.

  4. 4 sarabia 25 Febreiro 2009 ás 21:02

    Alucino, alucino, co que me estades a contar, así que a Nidia tenche xefa de prensa, que pagamos todos claro, ¡que importante é a nena chachos!. Co que lle gusta a ela sair na prensa que menos que ter unha xefa de prensa. Agora me explico o bombardeo de Niditis por todos lados. Que xeta ten, facer non fai nada pero sabe manexar os medios coma ninguén, iso si que hai que recoñerlle , pois ata a Peneira que parecía un periódico imparcial agora parece que tamén se doblou os “encantos” da Nidia.
    E tocante os actos do día internacional da muller xa vexo que se deixaron a un lado as reivindicacións, o recoñecemento a mulleres loitadoras do noso concello…
    Tamén vexo que os actos centranse no Pazo, ¿seica non temos un multiusos que é de todos?

  5. 5 maria 26 Febreiro 2009 ás 10:17

    Gustaríame saber, canto nos costa a xefa de prensa?

  6. 6 Pedro 26 Febreiro 2009 ás 15:46

    Para Maria:

    CONTRATOS A DEDO

    -Asesora e responsable de prensa para a alcaldesa ilexítima de Mos: un salario líquido mensual de 1.713 euros, con unha xornada de cinco horas de luns a venres.Contrátase SIN PASAR NINGÚN PROCESO DE SELECCIÓN.

    -Técnico medio de informática. Soamentes posee estudios primarios e con un curso básico de informática CONTRATAN A DEDO a un familiar da Concelleira de Servizos Sociais.

    -Xerente de Urbanismo. Cun salario bruto anual de 50.000 euros pretenden contratar a un xerente para urbanismo. Contrato de LIBRE DESIGNACIÓN da alcaldesa ilexítima.

  7. 7 QUIXERASABER 26 Febreiro 2009 ás 16:03

    Algen sabe como foi o entroido este ano en Mos?

    Porque a verdade e que temos en Mos unha xefa de Prensa e Publicidade que soo debe estar para sacarlle o retrato a Nidia, e para cobrar o fin de mes

  8. 8 diogo 27 Febreiro 2009 ás 07:58

    O raro é que con todo o que di Pedro, os de Izquierda Unida de Puxeiros non digan nada. Moito falaban do BNG e agora calan con isto.

  9. 9 arastro 28 Febreiro 2009 ás 18:26

    sodes uns peseteros solo pensades no que cobra e no que deixa de cobrar ,mais argumentos por favor…vos fariades o mesmo.

  10. 10 Tareixa 2 Marzo 2009 ás 21:11

    No critiqueis tanto que Nidia tenga una periodista a su lado; informaros un poco mas y vereis que Maria Jesusa tambien tenia. Por cierto, que sepais que es autonoma.
    No mintais tanto , pasaros de vez en cuando por los plenos y sabreis que lo que estoy diciendo es verdad.

  11. 11 diogo 5 Marzo 2009 ás 11:41

    @tereixa
    Mentir non mintes, pero a verdade non a dis toda. A periodista que habia co anteior goberno estaba pagada ao 100 por 100 pola Xunta a través dun programa de promoción do emprego. Vai aos plenos e entérate das cousas. No vindeiro comentario é mellor que digas a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade, porque os veciños de Mos non somos parvos.

  12. 12 Tareixa 6 Marzo 2009 ás 16:04

    Diogo, el que te tienes que enterar eres tu. Es cierto que la Xunta pago el cien por cien del sueldo pero solo durante unos meses; cuando el plan de colaboracion se termino, el sueldo lo pago al cien por cien el ayuntamiento. Vete a los plenos y veras que no miento. A VER SI TE ACLARAS, QUE ERES MUY POCO OBJETIVO.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: