O Concello do Porriño realiza obradoiros de educación para a saúde nos centros de ensino do municipio

obradoiro-saude

O Concello do Porriño informa, do desenvolvemento do proxecto Educación para a Saúde, unha actividade dirixida ao coletivo de adolescentes en idade escolar do municipio. Este proxecto, levado a cabo polo srevizo de prevención da Unidade de Atención de Drogodependencias do Porriño (UAD), ten como obxectivo informar, orientar e asesorar á mocidade sobre a educación sexual, a prevención de enfermedades de transmisión sexual ou o risco derivado do consumo de drogas.

Desde o comezo do curso escolar, véñense ofertando tres tipos de obradoiros de saúde aos centros escolares do municipio; un sobre o vih/sida, un sobre sexualidade, e outro sobre drogodependencias. Estes obradoiros son adaptados, en colaboración coas orientadoras e
orientadores dos centros, ás necesidades de cada aula. Prográmanse tres sesións por aula, podendo impartirse unha sesión por cada tema, ou as tres sesións sobre un mesmo tema en función das necesidades do alunado.

Partindo da idea que, debido as peculiaridades propias da adolescencia, as mozas e mozos son un grupo propenso a poñer en práctica condutas irresponsabless e de risco tanto para a saúde física como a psicolóxica; desde a concellaría de Benestar Social quérese incidir na prevención destas condutas a través da educación.

A concelleira de Benestar Social, Miriam Martínez Troncoso, afirmou que “A mellor forma de combatir os perigos derivados do consumo de estupefacientes ou as condutas sexuais de risco son a información e a prevención. Con este proxecto pretendemos completar a educación curricular recibida pola nosa mocidade cunha formación sobre o sexo e as drogas realista, veraz, e acorde coa sociedade actual”

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño realiza obradoiros de educación para a saúde nos centros de ensino do municipio”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: