Arévalo e Loureiro reúnense en Queen cos mosenses máis novos para celebrar o Entroido

entroidoqueen

:: Nesta festa que organizan as ANPAS de todo o municipio participaron os alumnos de infantil e primaria de tódolos colexios e os da ESO do instituto IES de Mos ::

A Alcaldesa de Mos, Nidia Arevalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, desfrutaron do baile de Entroido celebrado a partires das 16.30 horas na discoteca Queen, situada na Avenida de Sanguiñeda da parroquia co mesmo nome.  Esta festa foi orgnizada polas ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) de tódolos centros educativos do municipio: dos diversos colexios de educación infaltil e primaria e do IES de Mos.

Segundo fontes procedentes da organización do evento, reuníronse esta tarde en Queen preto de 1.500 persoas entre alumnos, pais e profesores que decidiron celebrar o Entroido en compañía de toda a comunidade escolar mosense.

Alcaldesa e concelleira desfrutaron coa ledicia de pequenos e maiores mentres estes as saludaban cariñosamente e bailaban deixándose levar pola música. As dirixentes municipais lamentaron non haber podido acudir ó acto disfrazadas por mor dos compromisos que tiñan ó longo da tarde na súa axenda política pero declaráronse “moi integradas no espítitu do Entoido e moi satisfeitas ó comprobar que sobre todo nenos e xoves seguen a vivir estas festas coa mesma ilusión e intensidade de antano”.

Advertisements

9 Responses to “Arévalo e Loureiro reúnense en Queen cos mosenses máis novos para celebrar o Entroido”


  1. 1 diogo 24 Febreiro 2009 ás 12:37

    “Alcaldesa e concelleira desfrutaron coa ledicia de pequenos e maiores mentres estes as saludaban cariñosamente e bailaban deixándose levar pola música”

    Esta noticia parece sacada do NODO

  2. 2 un de Cela 24 Febreiro 2009 ás 12:59

    que cara teñen ,non invitar o meu veciño,despois de todo que fixo por eles.bueno eigual el vai os de tenerife con gastos pagos.que fino e carallo.

  3. 3 sarabia 25 Febreiro 2009 ás 21:16

    ¿Que facia a alcaldesa na festa dos nenos/as? iso é o que se dedica a sacar foto en todo sitio canto hai, aprovenitandose dos nenos, primeiro nos colexios, nos comedores escolares e agora na festa de Queen.
    No anuncio da festa poñia: “Só poderá entrar o alumnado dos centros públicos de Mos. Non se poderá pasar sen entrada. Que facian estas señoras alí.
    Tamén chámame a atención estas señoras Nidia, Ana, Sandra
    pisando colexios públicos por primeira vez na súa vida toda esta xente foi a colexios privados de Vigo e Porriño e renegaron e renegan da escola pública. Son unhas hipócritas.

  4. 4 louro 25 Febreiro 2009 ás 21:22

    Que sabe de como se celebraban antes as festas do entroido esta señora do PP se non vivia en Mos nen foi a escola a MOs.
    Peneira agora che estan pagando o que lle pagaban a páxina 21 ou que? a pela e a pela non si?

  5. 5 arastro 25 Febreiro 2009 ás 23:36

    pa sair na foto tamen hai que valer e ter motivos

  6. 6 un de Cela 26 Febreiro 2009 ás 08:41

    arastro o meu veciño, tamen vale para sair na foto.pero bueno en exclusivas e cobrando,senon preguntalle os do faro de vigo,cando foi o do ifevi.que fino e carallo.

  7. 7 arastro 26 Febreiro 2009 ás 23:20

    ti mailo teu veciño sodes dous de carallo

  8. 8 maria 27 Febreiro 2009 ás 09:49

    Por favor, algén me pode aclarar, a Charanga contratada pola
    Concelleira de Cultura, é a mesma que se presentou e gañou o premio o mellor grupo?

  9. 9 diogo 27 Febreiro 2009 ás 10:28

    @maria
    Ainda que resulta dificel de crer, é certo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: