Soutelo e Budiño melloran as traídas de augas

augassalceda

As parroquias de Soutelo e Budiño xa están a traballar para mellorar as traidas de augas.  Constatouno o pasado 18 de febreiro Gonzalo Constenla, delegado provincial de Medio Rural, despois dunha visita ás obras. A Consellería, a petición do Concello de Salceda de Caselas a través do Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural 2008 (PEIM Rural), investiu nestas actuacións un total de 130.632,71 euros. Na visita estivo acompañado polo alcalde, Marcos Besada, o concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, e membros das comunidades de montes das parroquias de Budiño e Soutelo. Ademais das obras en si o delegado provincial puido constatar a limpeza do monte realizada e recolleu varias peticións dos comuneiros.

Intervención municipal
A posibilidade de realización destas melloras xurdiu despois dunha reunión mantida no Concello de Salceda de Caselas entre o Alcalde, Marcos Besada, o enxeñeiro da Consellería de Medio Rural, un encargados da empresa adxudicataria e os representantes das mencionadas traídas. Nela analizáronse as obras a realizar, así como os prazos de execución e os pormenores das actuacións. Tras esta reunión, o enxeñeiro da Consellería, xunto co encargado da empresa adxudicataria e os representantes das traídas fixeron unha visita sobre os terreos onde se pretenden levar a cabo as obras para analizar in situ estas actuacións.

Obras prioritarias
Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, considera prioritario o apoio da Consellería de Medio Rural ás traídas de augas situadas no rural galego, xa que é unha maneira de dar calidade de vida a estas zonas, tras a deixadez e olvido dos anteriores gobernos autonómicos e municipais. “Dende a Concellaría de Medio Rural, que dirixe Cándido Lorenzo, estase a facer unha labor fundamental para facer chegar á Consellería de Medio Rural os problemas e necesidades das zonas rurais do  Concello de Salceda de Caselas e para iso está sendo fundamental o constante dialogo coas distintas asociacións, comunidades de montes, traídas de augas, etc.”

Advertisements

0 Responses to “Soutelo e Budiño melloran as traídas de augas”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: