O BNG mosense esixe ‘máis dedicación’ dos concelleiros que cobran do Concello

ojeadedica

:: O BNG insiste en que os concelleiros e concelleiras non están no concello e os veciños están desatendidos ::

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, esixe que se diga qué horarios teñen os concelleiros e concelleiras do goberno que cobran salario do concello, porque actualmente hai 6 persoas que están cobrando do concello ademáis das persoas contratadas directamente pola alcaldía, co o son a de prensa e a que vai poñer a dedo para as dependencias de Urbanismo.

O BNG ten queixas de veciños e veciñas que desde fai días agardan as atencións dun concelleiro que non se sabe en qué momento está no concello e que desde o concello afirman que non saben a qué hora pode chegar.

Por outra banda, os veciños e veciñas non entenden a reorganización de áreas e teñen que andar paseando desde o multiusos ata o concello para conocer o lugar apropiado para realizar calquera tipo de xestión. Actualmente a nova concellería de Participación Cidadá asume as actividades da concellería de Benestar Social, pero sin embargo a concellería de Benestar Social leva a cabo moitas actividades que non pasan pola nova concellería creada. Algunha asociación ten que ir a tres lugares distintos para facer distintas xestións no concello.

Esta desinformación supón un incómodo tremento para os veciños que nons aben a quén dirixirse.

Actualmente, todos os concelleiros do goberno teñen teléfono móvil pagado polo concello e polo tanto por tódolos veciños e veciñas, sen embargo, difícilmente se localiza a algún concelleiro que parece ter de adorno o seu teléfono móvil municipal. Toda esta carencia na xestión dificulta cada día a labor municipal e son moitos os veciños e veciñas que notaron para peor este novo goberno de fracaso.

 

Advertisements

11 Responses to “O BNG mosense esixe ‘máis dedicación’ dos concelleiros que cobran do Concello”


  1. 1 PINOCHO 20 Febreiro 2009 ás 10:18

    Non podo con este home, minte mais que fala; Pinocho o seu lado non ter nada que facer. Nunca pensei que deixar o sillon doera tanto.
    Critica moito o PP pero olvidaselle a quen lle foi a pedir traballo para traballlar no Oral, por certo gustariame saber a que se dedica se a ocupar o seu posto de traballlo ou a controlar os concelleiros de Mos,ten mais cara que espalda.
    Que non vaia a pensar que todo o ladron e da mesma condion.
    O problema que ten e que sabe que agora as cousa se estan facendo ven e eso doe.

  2. 2 diogo 20 Febreiro 2009 ás 11:04

    @Pinocho de todo o que dis co que me quedo é co nome que ti mesmo te puxeches.

  3. 3 un de Cela 20 Febreiro 2009 ás 12:41

    pinocho tes toda a razon,mira si doe que meu veciño tivo que marchar para o pp.eso non se fai,co agusto que estaba meu veciño no psoe,menos mal que estaba o pp,para ofrecerlle un posto no concello,ainda que non conta moito para o faro de vigo.porque so sae nidia nas fotos,ou sera que non fai nada e so cobra.que fino e carallo.

  4. 4 Un que tamen iva pa monxe! 20 Febreiro 2009 ás 14:25

    Deus santo como as manda o monajillo que non chejou a cura…
    Seica ajora plantexase o de volver os habitos xa ke deixou de chupar do concello…

    Estes bloqueiros presumen de democracia cando o seu maximo lider o rejaeton (por certo unha cancion tipica galega) Quintaniña dedicase a secuestrar a os nosos maiores promentendolles unha viaxe, pero a realidade era ir a un mitin del… DENIGRANTE!!!

  5. 5 outro de cela 20 Febreiro 2009 ás 22:58

    PARA PINOCHO
    a pena é que se che ve moito o plumeiro,xa se ve que eres do PP a morrer e non eres nada crítico nin siquera cos seis salarios do novo desgoberno, menos mal que te puxeches nome de mentideiro.

    por certo, seguramente os vellos de Quintana protestaron porque pensaron que o autobús era do PP e ían a Lalín á festa do Cocido. Ou xa te esqueceches que tamén protestaran autobuses entenriso que foran á romaría do monte do faro???

  6. 6 un de Cela 21 Febreiro 2009 ás 00:14

    non sei como esplicar o dos vellos,cando os levava o pp,non ian enganados agora si.pois non,isto,e o seguinte. pasa como cando os nenos,non queren ir o colexio, se lles engana,para que aprendan,pois os vellos o mesmo,doutra forma non irian aun mitin do bng, asi foron e escoitaron, seguro que non lles sentou mal.
    sentoulles peor que tiveron que pagar a comida,co pp,era gratis.
    e menos mal que non lles falou meu veciño.non carallo que este cobra,que fino e.

  7. 7 arastro 21 Febreiro 2009 ás 03:06

    vaia ideas ten o listillo este de cela,polo menos neste comentario apoia ir os mitins do bng.por certo se cobra fai ben que carallo.a cheirala por ahi

  8. 8 Sabela 21 Febreiro 2009 ás 23:55

    Eu podo dicir que padecín (e sigo a padecer) esa falta de atención aos veciños; hai máis dun mes que espero que un deses concelleiros me atenda para unha xestión da súa concellería. Tamén é difícil que che collan o teléfono, tanto a secretaria da alcaldesa como o móbil algunha concelleira.

  9. 9 un de Cela 22 Febreiro 2009 ás 19:35

    arastro deberian ir os mitins,do bng,psoe,pp,iu,etc…para que escoitaran a todos, e comparen,non interpretes cousas,que non son parece que todos temos que ser da mesma confesion, senon xa somos da contraria.pois o mellor non somos de ningunha e tamen queremos opinar,podemos e debemos que a min non me paga ningun partido.

  10. 10 maria 23 Febreiro 2009 ás 07:49

    Eu tamen quero saber os horarios das persoas ás que lle estamos pagando un salario, porque o pan repartese pola mañám e os xuzgados despachan polas mañáns.

  11. 11 diogo 23 Febreiro 2009 ás 08:18

    Non chegaba con un de Cela e xa temos outro. Que finos son os de Cela, carallo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: