Comenzaron as obras na Ponte da Barxa de Mos

ponte-da-barxa

Iniciáronse as obras de mellora da ponte da Barxa. A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, supervisou  os primeiros traballos na zona. O orzamento que se investirá na acometida desta obra calificada de “urxente” pola Alcaldía, ascende a un total de 175.000 euros. Os traballos de mellora incluirán, ademais da citada ponte, outros tramos desta estrada que son perigosos e perxudiciais para a seguridade vial, sobre todo dos numerosos autobuses escolares que transitan por ela.

 A rexedora municipal informou tamén, mediante un comunicado, de que a partires do vindeiro luns, día 23 de Febreiro, o tráfico rodado nesta zona permanecerá cortado ata próximo aviso.

Emerxencia

Ante a situación de urxencia de reforma que deriva do mal estado da ponte e de que por ela transitan diariamente autobuses escolares, o equipo de Goberno encabezado por Arévalo decidiu activar un procedemento de emerxencia polo cal se iniciaron as obras de inmediato. A alcaldesa insistiu esta mañá na importancia de que “tras dous meses de goberno, este novo equipo lograse por en marcha as obras de acondicionamento da Ponte da Barxa, que consistirán nunhas melloras de carácter extremadamente urxente debido á perigosidade actual da infraestructura, que corre risco de derrubamento, sendo unha vía cunha gran afluencia de tráfico diario, entre o que se atopan numerosos autocares que levan e recollen a nenos dos colexios”. Ademais, Nidia Arévalo explicou esta mañá que “o Concello ten o diñeiro para acometer esta obra dende o ano 2005, por iso debería ter sido empezada fai xa moito tempo”.

Advertisements

11 Responses to “Comenzaron as obras na Ponte da Barxa de Mos”


  1. 1 PINOCHO 20 Febreiro 2009 ás 10:20

    Apende Ojea; esto es lo que te duele

  2. 2 Pepo 20 Febreiro 2009 ás 11:08

    A desfachatez de Nidia e o PP. Primeiro impediron executar a obra apoiandose no voto dun tránsfuga e agora veñen de salvadores. Temos memoria

  3. 3 un de Cela 20 Febreiro 2009 ás 11:26

    a foto esta moi ben,nidia igual a corina porro moita foto e pouco traballar isto e obra do anterior goberno, ela votou encontra,de que se executara,pero bueno de sabios e rectificar.grazas o meu veciño, que fino e carallo.

  4. 4 un de Cela 20 Febreiro 2009 ás 12:34

    sabedes que pensaba nidia.carai como se puede hacer este agujero,sin manchar estos preciosos levis blancos.¡ah si para eso estan los caciqiños que me rodean!.

  5. 5 outro de cela 20 Febreiro 2009 ás 22:52

    cos cartos que deixaron os demais e as obras que quedaron presupostadas calquera fai obras.pero por moitas obras que faga non se pode esquecer que está ahí grazas a un tránsfuga e non por méritos propios

  6. 6 liscran 20 Febreiro 2009 ás 23:04

    a min paréceme ben que se fagan as obras, aínda que xa sabemos que veñan presupostadas polo goberno anterior, os veciños e veciñas queremos que se fagan dunha vez, non entendo porqué dice pinocho que lle ten que doer a ojea, que mo explique.
    respecto ás fotos, hai veces que algunha foto fai máis mal que ben, como é o caso, porque xa se sabe que algunhas situacións son moi forzadas e a xente non é parva.

  7. 7 pupas 21 Febreiro 2009 ás 03:15

    lo que hay es mucha envidia.podemos y gobernamos viva elpp.fastidiaros

  8. 8 pupas 21 Febreiro 2009 ás 03:17

    estoy con pinocho el ojea que aprenda a trabajar un poco por los vecinos hombreeeee

  9. 9 Sabela 22 Febreiro 2009 ás 00:10

    A verdade é que non sei a qué se refire con iso de aprender a traballar; de quen ten que aprender, de Nidia? Na miña vida vin traballar a esa muller, ni conseguir nada por mérito propio: Está en política polo seu avó (e logo por Louzán); non se lle coñece estudos ningúns; chegou á alcaldía grazas a un tránsfuga; os seus concelleiros e concelleiras levan todas as áreas e ela de vividora e a saír nas fotos. Claro que non sei que vos fai crer aos pringados que a seguides; hai que ter valor …

  10. 10 diogo 23 Febreiro 2009 ás 08:16

    @sabela, e que Lidia éche moi juapiña sabes.

  11. 11 un de Cela 26 Febreiro 2009 ás 12:36

    a ver si vai ser o buraco, para meter ao meu veciño.coidado, que este meu veciño entra ahi, pero cobrando.que fino e carallo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: