“A nosa envexa máis grande xurdiu cando saiu Colores… Elas con eses escotes e nós cos piterpanes e as camisetas de felpa…”

 encarna1

e n t r e v i s t a   a_ Encarna Otero, pregoeira do entroido porriñés en representación da comparsa ‘O mellor de cada casa’

– Que representa para ti e a túa comparsa ler o pregón do Entroido?
-Unha emoción increible. Cando o Concello se puxo en contacto conmigo emocioneime tanto que dixen si sin pensalo. Despois comuniqueillo ás miñas compañeiras e esa emoción xa foi compartida. Todas estamos felices coa elección de “O mellor de cada casa” como pregoeira do entroido do noso pobo.
-”O mellor de cada casa” é unha das comparsas históricas do noso entroido. Que lembranzas lle veñen á memoria?
-É certo, levamos xa 20 anos saíndo á rúa. Moitísimas lembranzas e infinidade de anécdotas. A máis entrañable aconteceu o ano que fumos de pianos. Resulta que andábamos ás voltas cos traxes porque as teclas despegábansenos continuamente. Ao mesmo tempo estábamos pendentes do parto da nora dunha das compañeiras de comparsa, Ana,… Cando naceu o bebé, e nos confirmaron de que todo saíra ben, deixamos os traxes e nos puxemos a beber chupitos. Evidentemente, ao día, seguinte as teclas do piano caíansenos continuamente. Foi un momento entrañable. En realidade sempre o pasamos de marabilla. Bueno… a nosa envexa máis grande xurdiu cando saiu Colores… Elas con eses escotes e nós cos piterpanes e as camisetas de felpa… (risas).
-Que botas de menos do entroido de antes?
-En primeiro lugar á cabra, sen dúbida. Eran anos no que o entroido era moi familiar, había outro ambiente. Existía unha rivalidade simpática entre as comparsas… entre nós e As Revolucionarias, por exemplo, que “pelexábamos” por saber de que saíamos disfrazadas cada ano. Case sempre o adiviñábamos no posto de froita de Fita, cando nos atopábamos alí.
-Lanza á mensaxe que queiras…
– Pois pídolle ás mulleres porriñesas, a esas que teñen preocupacións, que teñen a alma magoada, que saian á rúa disfrazadas. Que se vistan de “gusanito” como fixen eu a primeira vez e decataranse de que, ao mellor cóstalle o primeiro ano, pero despois liberaranse… o entroido métese no corpo…

Advertisements

0 Responses to ““A nosa envexa máis grande xurdiu cando saiu Colores… Elas con eses escotes e nós cos piterpanes e as camisetas de felpa…””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: