Mos énchese de ¡Monstros!

monstros2

:: A compañía de teatro Avento interpretará este sábado, 21 de Febreiro, a obra¡Monstros!. A representación terá lugar a partires das 21.00 horas no Multiusos das Pozas::

Os membros desta compañía viguesa están a ultimar xa os detalles para a noite do sábado e onte un dos actores, membro fundador de Avento, visitou as instalacións do centro Multiusos onde se reuniu coa concelleira de Cultura, Sandra Temes, a quen lle agradeceu a oportunidade que o Concello de Mos lles brinda ó ofrecerlles unha actuación enmarcada na programación do Entroido 2009.

Beni Alonso Carrera, que así se chama este actor que interpreta o personaxe de Home Lobo, adiantoulle á edil algunhas pinceladas da obra da que poderán disfrutar o sábado tódolos espectadores que se acheguen ata As Pozas. “Somos sete actores que interpretamos a sete monstros, entre os que se atopan Drácula, Quasimodo, Frankenstein, o espíritu dunha nena morta…”, explicaba durante a tarde de onte no Multiusos Beni Alonso, quen tamén apuntou que “todos somos personaxes moi tenros pero transformámonos á metade da función, co que a obra, que comenza sendo unha comedia divertida e lixeira, cambia completamente sorprendendo moitísimo ó público”.

Advertisements

2 Responses to “Mos énchese de ¡Monstros!”


  1. 1 diogo 19 Febreiro 2009 ás 08:00

    Monstros xa hai 9 no concello

  2. 2 liscran 19 Febreiro 2009 ás 14:58

    a concelleira tamén é bastante monstruo, debeu de ser ela quen escolleu esta obra para definir a sua actuación como concelleira porque empezamos a estar cansos con esa maneira de monstruo que ten.
    Eu quero saber si esta concelleira ten adicación exclusiva no concello, porque me dixeron que está pouco nos lugares municipais, e que está continuamente en caixanova de puxeiros, será que tamén é concelleira de facenda???
    por favor, que alguén mo aclare.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: