Un convenio con Aceesca Emprego mellora a apariencia de parques e xardíns de Mos

mosaceesca

 :: Os traballos iniciáronse esta semana e foron eloxiados pola Alcaldesa, Nidia Arévalo ::

A concellería de Parques e Xardíns que dirixe o edil Luis Alonso Seijo asinou esta semana un convenio co centro de diminuídos psíquicos e físicos ubicado no municipio do Porriño, Aceesca.

Dito convenio consiste nun contrato coa empresa Aceesca Emprego para que esta se faga cargo da limpeza e mantemento de varios parques e xardíns do Concello de Mos. O mércores 11 de Febreiro, cinco operarios de Aceesca Emprego encargáronse de acondicionar a zona axardinada do entorno da Casa Consistorial e foron felicitados pola Alcaldesa, Nidia Arévalo, polo concelleiro Luis Alonso e pola
edil de Benestar Social, Ana Rodríguez Cabaleiro, debido ó gran traballo que realizaron.

Hoxe os operarios de Aceesca están a traballar na rotonda do Campo da Feira. As zonas de actuación que abarca este convenio, que estará en vigor durante un ano, son a rotonda das Angustias, a rotonda de Puxeiros, a zona recreativa de Cela, o parque de Sanguiñeda e as anteriormente citadas zona axardinada do Concello e rotonda do Campo da Feira.

Tra-la sinatura do contrato, a Alcaldesa e o concelleiro responsable de Parques e Xardíns declararon a súa satisfacción con esta iniciativa que “pretende impulsar a laboura social de inserción dos diminuídos da Asociación Aceesca”. E é que debido á súa proximidade coa localidade mosense, moitos dos alumnos e empregados deste centro son veciños do Concello de Mos.

Advertisements

4 Responses to “Un convenio con Aceesca Emprego mellora a apariencia de parques e xardíns de Mos”


  1. 1 sarabia 15 Febreiro 2009 ás 12:09

    Hìpocresía e paripé en estado puro, iso é o que está a verse nesta foto.A Nidia moito lle gusta sair na foto.

  2. 2 diogo 18 Febreiro 2009 ás 08:44

    na miña vida mirei unha foto máis forzada

  3. 3 liscran 19 Febreiro 2009 ás 15:01

    non me parece lóxico que se empreguen os nenos e nenas de acceesca para facer fotos de promoción persoal, o resto non o sei e non podo falar.

  4. 4 camilo 19 Febreiro 2009 ás 18:19

    ESTO ES ESPAÑA COÑO.UN TRABALLANDO E DOUS MIRANDO.
    VALE TODO PARA LIMPIAR LA IMAGEN Y LA ENSUCIAN MAS


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: