O Concello do Porriño reparte unha guía de linguaxe non-sexista

guialinguaxe0008

:: A elaboración da guía é unha das actuacións do programa conxunto de sensibilización e erradicación da violencia de xénero, e  protección das vítimas desta violencia; que os Concellos do Porriño e Salceda de Caselas veñen realizando con cargo a unha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade daVicepresidencia da Xunta de Galiza ::

O Concello do Porriño informa, a través da súa Concellaría de Igualdade, dirixida por Obdulia Diniz Carlos, do reparto dunha guía de linguaxe non-sexista entre as distintas asociacións e entidades do municipio. Esta guía da linguaxe non-sexista pretende servir como un recurso para a cidadanía, destinado a erradicar da sociedade aqueles termos ou expresións que invisibilizan e discriminan ao conxunto das mulleres.

 

 

A guía inclúe diferentes apartados e contidos: iniciase cunha introducción á linguaxe nonsexista,para posteriormente afondar en  distintas solucións lingüísticas que eviten unha linguaxe sexista, e rematar con exercicios práticos, referencias bibliográficas e un directorio telefónico para a protección e atención das vítimas da violencia de xénero. Desde a concellaría de Igualdade, distribuirase esta guía entre asociacións veciñais e culturais, xulgado, centro de saúde, institutos e colexios, clubes deportivos, medios de comunicación, corpos e forzas de seguridade do estado ou os propios departamentos do concello porriñés.

A concelleira de Igualdade, Obdulia Diniz, afirmou que “Desde as administracións públicas temos a obriga de concienciar ao conxunto da cidadanía no emprego dunha linguaxe nonsexista. A ferramenta que estes días vamos distribuir quere servir de axuda para fomentar unha sociedade máis xusta e igualitaria a través do fomento dunha linguaxe que represente por igual a homes e mulleres”

 

 

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño reparte unha guía de linguaxe non-sexista”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: