María José Caride reuniuse no Porriño con axentes económicos da comarca

almorzocaride

:: O futuro das infraestructura, a xestión e mantemento dos parques empresariais e a aposta decidida polo transporte público foron os principais temas das conversas ::

A Consellería de Politica Territorial, Obras Públicas e Transportes, Maria Xosé Caride, acompañada pólos cantidatos socialistas da comarca, Enrique Cabaleiro e Luis Piña, así como pólo Sº Xeral do PSdeG-PSOE do Porriño e e membro da comsión executiva nacional galega, Ivan Vaqueiro, mantiveron un almorzo de traballo no Porriño cunha nutrida representación de axentes económicos da comarca, na que se abordaron diversos temas de grande interese para o futuro desenvolvemento da zona sur de Pontevedra. Asociaións de Empresários de Mos e Porriño, Câmara de Tuy, sindicatos, Comerciantes e representantes de Centro Tecnolóxicos da zona non quixeron perder a oportunidade de escoitar o programa do PSOE e as propostas da Nº 2 do PSOE de Pontevedra.

Tras facer un balance da situación actual da economía galega,  o emprego, e as liñas que o anterior executivo promoveu e quere seguir impulsando sobre formación e promoción económica, entrou en materia de infraestructuras e transportes, da que ten máis que demostrado que é boa coñecedora.

As autovías Vigo-Porriño e Tui-A Guarda

“Somos conscientes de que outra obra neste corredor terá certo impacto na zona, afirmou Caride, pero os beneficios que reportará serán moito maiores para a economía e a calidade de vida dos cidadáns. A futura nova autovía, ademais de rematar na Avda. Madrid tamén terá unha conexión coa AP-9 e por tanto coa segunda circunvalación.” Segundo a Conselleria, “temos que aprender dos erros do pasado que propiciaron que a principal vía de comunicación terrestre entre Vigo e Porriño sexa unha autovía que dista anos luz dun trazado seguro” Eso explica, segundo a candidata socialista, que o PSdeG non quera caer nos erros de administracións anteriores, o que xustifica por exemplo, que a futura vía Tui – A Guarda non será unha vía rápida ata Goián como así estaba deseñado pólo PP, senon que será unha autovía. “Queremos facer as cousas ben dende o principio, investindo en trazados seguros e que satisfarán ás demandas do futuro, afiormou Caride.”

Os parques empresariais

Outra das futuras medidas que propuxo Caride foi no eido da promoción empresarial. En dinamizar os polígonos de nova creación e evitando que os terreos industriais queden baleiros, paralizados, prantexando unha lei que propicie que os compradores de esas parcelas teñan que facer un proxecto de construción da empresa nos 3 anos seguintes a súa compra, e en caso contrario ese terreo podería ser expropiado pola Xunta, para que calquer empresario que si teña iniciativa real por implantarse poida facelo.

Advertisements

1 Response to “María José Caride reuniuse no Porriño con axentes económicos da comarca”


  1. 1 liscran 19 Febreiro 2009 ás 22:01

    estimada conselleira caride, por favor non brindes co chanpán de ivan vaqueiro que xa debe estar caducado porque xa brindou tres veces desde fai anos pola supresión do paso a nivel e ainda non se sabe nada de que o retiren, a ver si deixan de enganalo desde madrid porque o rapaz xa non volve a poñer a enfriar o chanpán


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: