Realizáronse reformas na Praza de Abastos do Porriño

mercado0007

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Comercio, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, do remate das obras de pintado e limpeza que se estaban a realizar na Praza de Abastos. Estas obras, unha demanda das e dos comerciantes do edificio, melloraron notablemente o aspecto do mercado porriñés.

 

 

 

“Desde o Goberno do Porriño apostamos por potenciar a Praza de Abastos como exemplo dun desenvolvemento local sostible. Con medidas como esta
pretendemos revitalizar o noso mercado para que cumpra con dúas funcións importantes, a función económica de motor do comercio no Porriño, e a función social de espazo de interrelación de porriñeses e porriñesas

”, afirmou Marcos Rodríguez Novás.Dentro das medidas destinadas a revitalizar este espazo, a concellaría de Comercio do Concello do Porriño ven de levar a cabo un proceso de regularización das prazas do mercado, e proximamente procederase á nova adxudicación dos postos que quedaron baleiros
 

 

“Regulamos o mercado, que foi tradicionalmente un grande esquecido por parte do Concello. Pretendemos profesionalizar o noso mercado porque vemos no mesmo un importante viveiro de emprego para O Porriño. Desde a Concellaría de Comercio apostamos por traballar para mellorar o pequeno comercio do municipio”,  sinalou o concelleiro

Advertisements

0 Responses to “Realizáronse reformas na Praza de Abastos do Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: