O BNG de Mos valora positivamente ‘o cambio de postura do PP na Galescola’

olleaadan1

:: O BNG, din, ” sempre defendeu que Mos precisaba máis prazas para nenos e nenas en idade de 0 a 3 anos” ::

O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, valora positivamente o cambio de postura do Partido Popular en relación co tema das galescolas e coa necesidade dunha nova galescola en Mos.

“Fai tres anos, o entón concelleiro de Asuntos Sociais, Ojea, propuxo ó Pleno da Corporación a adhesión ó Consorcio para favorecer a implantación de dúas galescolas no municipio porque existían moitas familias en lista de espera e facíanse necesarias máis prazas para estas idades. Naquel momento, o Partido Popular opúxose a esta medida por considerar que as galescolas non eran necesarias e que poderían facerse garderías municipais”, sinalan

Os nacionalistas mosenses consideran que “o Partido Popular chegou a opoñerse incluso a que a actual galescola pasase a depender da Xunta e quería que o Concello asumira totalmente o gasto con tal de non pasar á Vicepresidencia da Xunta. Foi entón cando incluso intentaron confundir ós pais e nais da gardería para que se opñuxeran ó cambio de gardería e galescola, contando incluso con apoio de persoal do centro”.

“Agora atopamos nos medios de comunicación-din- a noticia de que o Partido Popular que antes se opuxo frontalmente ó Consorcio Galego de Benestar, vai falar co Xerente do Consorcio, Lois Castrillo, a pedirlle outra galescola no municipio, en Coto Torrón, nun lugar que xa tiña pensado Ojea no anterior mandato para unha nova galescola”.

O grupo do BNG valora este cambio de actitude no goberno do PP e cre que esta actitude se debe a que a Vicepresidencia da Xunta non pon límites ás prazas de educación infantil, dependendo de quén goberne, a a Xunta en xeral non pon límites ás inversión no municipio.

De todos os xeitos consideran que “o Partido Popular debería pedir perdón ás familias que intentou confundir con ideas absurdas e debería agradecer as xestións realizadas polo goberno anterior, si quixera ser fiel á historia recente do municipio. Porque isto demostra que este goberno é un auténtico fracaso e que non ten un rumbo ceerto, porque vai para onde lle sopra o vento”.

Outra galescola máis

O BNG pensa que ainda é preciso ter outra galescola máis no novo polígono industrial de A Veigadaña, tal e como foi comprometido pola Secretaria Xeral de Igualdade nunha recente visita a Mos, onde estivo acompañada polo delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Xavier Verea, e onde confirmou que existiría unha parcela reservada para un lugar de educación infantil no polígono, cousa da que poden beneficiarse os veciños e veciñas de Mos así como os traballadores e traballadoras do novo polígono.

Advertisements

1 Response to “O BNG de Mos valora positivamente ‘o cambio de postura do PP na Galescola’”


  1. 1 liscran 17 Febreiro 2009 ás 09:56

    menols mal que ahi quen poña algo de sentido nisto da galescola, porque a ana cabaleiro que esta de concelleira non ten nin idea do que fala, tanto ir contra o galego e os seus pais non saben falar outra cousa,da pena


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: