A histórica comparsa ‘O mellor de cada casa’ será a pregoeira do Entroido´09 no Porriño

entroido00021

:: No acto de presentación da programación, o concelleiro de Festexos, Marcos Rodríguez Novás  estivo acompañado por Cuquín e por Encarna Otero, en representación da comparsa O mellor de cada casa ::

Consulta o programa do entroido na web www.entroidoporrino.net

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Festexos, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, da programación das festas do Entroido 2009 no Porriño, que este ano se celebrarán do 21 ao 25 de Febreiro.

Na súa intervención, Marcos Rodríguez Novás explicou as modificacións respecto a pasadas edicións no tocante aos desfiles de comparsas. Este ano non se celebrará o tradicional concurso con premios para as comparsas gañadoras, senón que as diferentes comparsas recibiran unha compensación económica por participar, tanto na categoría adulta como infantil. “Este ano triplicamos os fondos destinados ás comparsas, repartindo os mesmos entre todas as comparsas participantes. O entroido ten que ser unha festa, e premiando á totalidade das comparsas queremos fomentar a participación dos veciños e veciñas” , afirmou o concelleiro. As comparsas interesadas en participar nos desfiles e no enterro da sardiña deben formalizar a súa inscrición no Centro Cultural Municipal antes do vindeiro 18 de febreiro ás 21:00 horas.

Dentro das actividades programadas, destacan o pregón (sábado 21 ás 13:00 h), o tradicional xogo da ola (sábado 21 ás 16:00 h), e os desfiles de comparsas e as coplas do sábado e do martes de entroido. O enterro da sardiña celebrarase o mércores 25 ás 20:30 h desde o Círculo Recreativo Cultural até a Ponte do Valo. Nos cinco días nos que se vai celebrar o entroido porriñés, haberá charangas, xigantes e cabezudos, malabares…e todo tipo de animación de rúa. A gastronomía tamén contará co seu espazo nestas festas o sábado 21 na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, co xantar cada persoa coa súa perola ás 14:00 h, e coa filloada á pedra das 19:30 h.

Unha das principais novidades deste ano, e a creación dunha páxina web (www.entroidoporrino.net), onde se poden consultar as bases para participar no desfile das comparsas, e a programación completa das festas. O deseño do cartaz para o Entroido 2009, correu a cargo do porriñés Javier Pérez Rego

O famoso Cuaquín, que como ben sendo habitual será o responsable de ler os responsos finais no enterro da sardiña, declarou que xa ten preparados seis disfraces de entroido para as festas, si ben non os quixo desvelar de momento. “Hai que esperar por se nestes días xurde algún tema de actualidade que mereza ser parodiado”, afirmou este tradicional animador do entroido porriñés

Pola súa banda, Encarna Otero, que acudiu en representación da mítica comparsa do entroido porriñés O mellor de cada casa, con vinte anos de historia, e sobre a que este ano recae a responsibilidade do pregón, afirmou que “Para nós é un orgullo poder dar o pregón das nosas festas do entroido. Somos unha comparsa formada maioritariamente por mulleres que levamos máis de 20 anos comprometidas co entroido do noso municipio”

Advertisements

0 Responses to “A histórica comparsa ‘O mellor de cada casa’ será a pregoeira do Entroido´09 no Porriño”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: