A alcaldesa e a concelleira de Benestar Social de Mos reuníronse co xerente do Consorcio

consorcio

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo, informou á alcaldesa, Nidia Arévalo, e máis á concelleira, Ana Mª Rodríguez, do estado actual das actuacións deste organismo no Concello de Mos.

Despois da integración da escola infantil de Petelos na Rede Galescola, o Consorcio acordara coa anterior corporación municipal a reforma da antiga escola de Coto Torrón para convertela en Galescola, así como o traslado da actual ludoteca que acolle este edificio a outra ubicación. Neste sentido, o proxecto para a habilitación da ludoteca no seu novo emprazamento está xa redactado e en disposición de pórse en marcha cando o Concello así o decida, e en canto ás obras en Coto Torrón para a nova Galescola, está redactado o proxecto básico para a rehabilitación e, trala redacción do proxecto de execución, as obras poderían dar comezo no prazo aproximado dun mes e medio.

A alcaldesa e a concelleira de Mos interesáronse tamén por coñecer as condicións que deben cumprir os terreos para construir un Centro de Día para a atención ás persoas maiores dentro da rede pública xestionada polo Consorcio.

Advertisements

28 Responses to “A alcaldesa e a concelleira de Benestar Social de Mos reuníronse co xerente do Consorcio”


  1. 1 un de Cela 10 Febreiro 2009 ás 20:56

    nidia vota encontra das galescolas nos plenos e agora sumase ao carro.
    que pouco criterio antes as galescolas non facian falla e agora e urxente a sua apertura.

  2. 2 diogo 11 Febreiro 2009 ás 10:06

    un de cela ten toda a razón. Nidia votaba antes en contra pero a outra da foto ademáis manipulou aos pais e nais da antiga gardería municipal para que rexeitaran a galescola. Chegou a decir que nas galescolas se ensinaban cancions racistas aos nenos. Desde logo, estes bigoberno de tránsfugas cada dia demostra a súa falta de étiva. Menos mal que o Faro de Vigo os apoia incondicionalmente, supoño que a cambio de algo que xa se saberá.

  3. 3 arastro 11 Febreiro 2009 ás 16:19

    ese de cela non ten nin ideanin probas do que dice,en fin falar por non estar calado

  4. 4 anarca 11 Febreiro 2009 ás 23:36

    Home, Diogo, vese que segues a pensar “libremente”. Descoñezo a posición da Alcaldesa no pasado, e aínda que tivera votado en contra do convenio, na nova tal coma ven redactada, non sinala nada de que apoie nengunha galescola, senón que “interesaronse por coñecer as condicións que deben cumprir os terreos para a construción dun centro de día”. No inicio da nova, sinala que o “proletario” de Ralph Lauren (Castrillo) viu informar do estado das obras.
    Fan un trío estupendo, semellan que teñen moitas cousas en común, haberá “entendemento” ? quen sabe.
    Sinto non voltar coincidir contigo, pero as cousas coma son; o que antes estaba mal, agora segue estando, fagao quen o faga, e independentemente da cantidade.
    Saúde.

  5. 5 anarca 11 Febreiro 2009 ás 23:38

    Por certo, agardaba un comentario na nova da reunión da Alcaldesa coa Plataforma DefendeMos. Non tes nada que dicir?.

  6. 6 diogo 12 Febreiro 2009 ás 07:09

    @anarca
    DefendeQue?

  7. 7 un de Cela 14 Febreiro 2009 ás 10:47

    arastro,perdoa pero teño probas asistin o pleno,por ser meu fillo usuario da que era a garderia,e sei o que se dixo no pleno de todas formas,podes consultalo na acta do pleno.
    anarca ti estaras encontra das galescolas,a min dame igual galescolas que garderia eu quero que me den un servizo,e mentras non goberne iu seran galescolas.viva mos.

  8. 8 anarca 15 Febreiro 2009 ás 22:37

    NOn, non; eu estou a favor das galescolas, claro que sí, faltaría máis. O que estou é en contra dos que opinan por opinar, sen razóns propias, máis que as que lle dan os demais e non pensan por sí sos. Estou a favor, moi a favor, e cantas máis mellor. O que digo e que nesa nova, non dicía nada que fixera crer que a Alcaldesa cambiara de opinión, e hai algún que sí o dí. Ese comentario, ven sendo o mesmo que aparece na nova de Ojea-Ollea, e iso é o que non me gusta, que haxa opinións previas, sen reflexión, senón marcadas de partida (e de partido ), que parecemos ouvellas.
    E o que digo, e que vendo a foto, se non coñeceramos as persoaxes, parecen todos do mesmo partido, non si? , semella unha xuntanza de correlixionarios (ao mellor non distan tanto uns doutros…!), e digo, tamén, que deste bigoverno de “progreso” quedan 122 altos cargos con pensión vitalicia compatibles co seu traballo (esquerdas? , onde?).

  9. 9 un de Cela 16 Febreiro 2009 ás 20:51

    anarca estamos todos,no de que fan falta,garderias,galescolas dame
    igual,eu quero sendo un pouco egoista que creen cantas mais prazas mellor.no dos funcionarios non podo dar unha opinion,non estou o tanto e si son do mesmo partido pode ser uns nacionalistas galegos e outros españoles.viva mos viva IU.

  10. 10 liscran 17 Febreiro 2009 ás 10:01

    a concelleira de asuntos sociais, que non coñezo,ana cabaleiro, parece desconocer o tema, quiza sea por inexperiencia, hai que darlle tempo, ou porque non está case nunca no concello, pero era necesario que se fixeran mais prazas para nenos e nenas,que sexan galescolas ou garderias municipais, da igual.

  11. 11 liscran 17 Febreiro 2009 ás 10:04

    por certo, anarca, non sei que dices de esquerda unida, porque en mos está fundida co PP, tanto na Plataforma do PP defende mos coma nas posicións cos salarios,etc.
    por certo, esquerda unida sacou un panfleto criticando os salarios do antiguo goberno, agora cobran seis persoas do concello e non dixeron nada, da moito que desconfiar.

  12. 12 Mos 17 Febreiro 2009 ás 15:11

    Para Diogo: DEFENDE MOS. (dende logo, parece mentira. É iso todo o que se che ocorre?).

    Plataforma pola Defensa de Mos.

    Para Liscran: Querido amigo, antes serás tí un travelo émulo de Estrellita Castro e con dez patas e a orde da Legión de honor colgada do peito -fíxate ben- que a Plataforma pola Defensa de mos unha plataforma do pp. A rascar se pica, qué carallo (que parece que sí que pica). Que será o próximo que se diga. Esperemos que algo sensato

  13. 13 un de Cela 17 Febreiro 2009 ás 19:10

    a ver que non estou o tanto o outro partido do pp,non era movemos,imos,que era donde se presentou ana,polo menos eiqui en cela si viu a dar o mitin.vivaIU.pero non a de manolo puxeiros,nin a do fillo,que o primeiro que teñen que teñen que facer por coherencia e sacar as antenas de telefonia móvil que teñen no tellado,das suas casas,de puxeiros.nada playa en cangas non sei.que estan ilegais.

  14. 14 anarca 17 Febreiro 2009 ás 21:49

    Descoñezo a IU de mos. Non me refería a eles, refírome ao bipartito, digo que a politica de “esquerdas” que fan parécese maís a un partido neoliberal.
    E digo, tamén que neste país se pensas un pouco e saes do marcado polas directrices logo te colocan noutro lado. É unha mágoa, pero que lle imos facer, hai moito politiquillo barato.

  15. 15 anarca 17 Febreiro 2009 ás 21:54

    Por certo, para que vos alegredes a vida, ahi vai unha receita da vida cotiá:
    RECETA : “Pollo a la Concejalía ”
    Ingredientes
    – un pollo
    – un despacho
    – varios chorizos
    Preparación:
    – Se coge el pollo
    – Se le coloca en un despacho
    – Se le rodea de chorizos
    – Se le deja a su antojo
    – Y él solito se va haciendo………………… rico, rico, rico.
    Saudiña

  16. 16 un de Cela 19 Febreiro 2009 ás 18:13

    a ver en mos os politicos o que saen e caros,sobre todo o meu veciño que fino e carallo,sae ao pai jajaja…
    Anarca pareces fino enton en mos,cales son os menos malos,e no me digas que estan por vir,senon xa desconfio.

  17. 17 J.A.R. 19 Febreiro 2009 ás 21:11

    Para o liscran: Creo que as túas fontes de información están un pouco resesas. Deberías ler a última nota que sacou EU-Mos. Nesta nota danlle un pequeno repaso a clase política que ten o concello de Mos, a toda clase política. Na miña modesta opinión, non deberíamos ser tan fanáticos e ser un pouco máis críticos, tanto cos partidos que nos disgustan como cos que nos gustan.

  18. 18 liscran 19 Febreiro 2009 ás 22:11

    CONTESTANDO SOBRE A PLATAFORMA E SOBRE I.U.

    eu estiven polo concello e vin papeis pegados por I.U. criticando os tres salarios do anterior goberno e non vin ningún criticando os seis salarios do goberno bipartito (PP-tránsfuga)actual, só quero dicir iso.
    respecto ó da plataforma, que me digan si algún ou algunha estivo loitando cando foi do enlace da AP-9 ou cando foi da empacadora de louredo, ou cando foi da N-550, porque eu estiven nalgunha e non os vin, apareceron agora porque teñen intereses no medio, non sexamos ilusos, pero agora non sei que pasaran porque a nova alcaldesa xa leva dous meses e creo que non fixo ningunha xestión, polo menos que saíra á luz pública, non o sei.

  19. 19 puxeiros 19 Febreiro 2009 ás 22:16

    para liscran

    non sei porqué falades de I.U ou E.U. porque creo que non existe como partido en Mos, pero xente dese partido debe haber porque en mos nas pasadas eleccións tiveron 35 votos, gustaríame que se presentaran ó concello pero para sacar concelleiro teñen que ter alomenos 750, ou iso creo.

    como é a primeira vez que escribo, agradecer á peneira este foro de debate, porque é interesante, sobre todo no tono dos comentarios porque vexo que hai xente enterada do que fala.

  20. 20 diogo 20 Febreiro 2009 ás 11:27

    @anarca
    que non comparta as túas opinións non quere dicir que as miñas sexan preconcebidas. Ao mellor as ideas preconcebidas son as túas, as cales eu respecto pero que na maioría dos casos non van comigo. Deberías reflexionar e pensar que os que non opinamos coma ti non estamos manipulados nin somos ignorantiños descerebrados.

    Sobre DefendeMos sigo opinando o mesmo. Defenden a súa Leira. Por desgraza.

  21. 21 Mos 20 Febreiro 2009 ás 19:58

    Eiquí, e con estas mentalidades, non merece a pena nada de nada. Tedes – liscran e diogo – unhas mentes mesquiñas e pequenas e nada vos pode facer cambiar. Qué pedigrí hai que ter para poder falar do que un lle pete?

    Seguro que aínda coñecendo a xente da plataforma, seguiríades ata o final decindo que son do pp e que defenden o seu corralito. Son veciños do concello. Tanto custa pensar que os veciños podan opinar e moverse??. Que hai que facer? estar calados e ir a votar cada catro anos? Qué queredes facer denigrando aos conveciños? Por qué é malo que a xente se mova?

    A quén hai que pertencer para falar de polígonos, vias de altas capacidade, vivenda social ou peaxes?. Difama que algo sempre queda: é iso?. volvo a repetir o que xa dixen: sodes coma os gardas civís dos corenta: só tedes “VISTA LARGA Y MALA IDEA”. Teño que deixar de entrar nesta web. Non quero nada con fachas manipuladores, soberbios que non teñen nen empatía nen ganas de tela.

    Non quero que me pidan o carnet de pertencenta á raza aria. Buagh.

    Espero que vos pase o que a mín, que teño máis de unha leira. Estou farto de presumidos e listillos acríticos. E de mala xente.

  22. 22 puxeiros 20 Febreiro 2009 ás 23:17

    NON ENTENDO DE CABREOS
    Eu penso que é mais normal a discusión que os cabreos, porque a actitude de Mos de cabrearse co mundo non me parece normal, ¿¿tanto fastidia dicir que a Plataforma está levada polo Partido Popular??? Será mellor defender a túa postura. Eu dese caso concreto non entendo pero nunha reunión do Psoe díxose que eran todos do PP, excepto un de IU, e que os do Bloque apoian pero non queren estar na dirección da Plataforma para que non digan que manipulan, iso escoiteino eu nunha reunión informativa do Psoe. Teredes que rebatilo e deixar de estar saíndo nas fotos con Ana Pastor, con Nidia,con Dolores Pan, con Feijóo, e nunca saídes cos demáis nas fotos, non sei si tedes reunións cos demáis se non as tedes, pero teredes que protestar contra tanta fotografía que desconcerta ós que non estamos na movida.
    aclarade, por favor, senón é que consentides,
    vale mos??? e non te cabrees, que non insultou ninguén coma tí por agora

  23. 23 arastro 21 Febreiro 2009 ás 02:58

    ese de cela de i.u. manda carallo si eu pensei que diso xa non quedaba

  24. 24 un de Cela 22 Febreiro 2009 ás 19:18

    quedan,quedan, se non ven un dia por puxeiros.e do que son seino eu
    ten que haber de todo amigo,pero por iso non te enfades que desgracias hai en todas familias.¡verdad!.

  25. 25 diogo 23 Febreiro 2009 ás 08:24

    PP leva dous meses de goberno en Mos e ainda non fixo nada de nada contra a nova autovía ¿Donde está DefendeNos?

  26. 26 arastro 25 Febreiro 2009 ás 23:33

    diogo con sacar os que estaban antes xa fixemos bastante

  27. 27 un de Cela 26 Febreiro 2009 ás 08:53

    arastro perdoa vos non sacastes a nadie,foi o meu veciño,vos como moito, pagastelles a uns matons 150 euros,e unha participacion de loteria do pp.queria saber eu quen pagou todo o gasto que orixinou a mocion de censura.meu veciño xa me decia(las cosas se hacen de otra manera).seria cobrando en diñeiro negro.que fino e carallo.

  28. 28 ANÖNIMO1 1 Marzo 2009 ás 22:57

    Este comentario escriboo en referencia a un comentario de “UN DE CELA”(comentario do 17 de febreiro –ás 7:10).
    En canto o referente a politica, non debo dicir nada, xa que cada un ten a sua forma de pensar e pode non gustarlle, ou non ser afin a calquer representante/s dun partido, neste caso IU-EU.
    O que nunca se debe facer e é imperdonable, é facer comentarios que non veñen o caso, e mais aun se non son certos. En primer lugar refierome o das anteas de telefonia; preguntome se ti levas o papeleo ou algo das anteas, porque sinceiramente non me explico que saques esas conclusions, imaxinome que estarias indo a perruquerias e falando cos veciños para que se che dera por escribir esta semexante chorrada, pero é o que pasa cando a xente non ten nada que dicir, e solta a primera parvada que escoita sen antes preguntar nin corroborrar nada.
    En segundo lugar refiereste a una casa na praia…….en fin, aqui xa me deu a risa. Gustariame que cambiases de perruqueria e asi dariaste conta do semexante bulo que escribiches. Para que o entendas, é como se eu digo que ti (UN DE CELA) levas a votar o tódolos vecinos de cela, e os invitas a cear para que voten o PP…………..en fin, UNHA GRAN MENTIRA COMO A DA TÚA CO DA CASA E AS ANTEAS ILEGAIS.
    P.D: Agradeceriache que non volveses a escribir ningún comentario persoal sobre o que non tes ningún tipo de fundamento real.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: