O PP do Porriño festexa o entroido cunha cea-mitin

manuel-carrera

::Coincidindo co 20 aniversario da súa Fundación, conmemorarase a diferentes exconcelleiros e farase un percorrido audiovisual pola historia do partido O Porriño::

O Partido Popular de O Porriño celebrará, o vindeiro venres 20 de febreiro, unha cea-mitin á que asistirán, entre outras personalidades, o presidente provincial Rafael Louzán e o número un do PP no Porriño Manuel Carrera. Será ás 22.00 horas, no restaurante Manolo da mesma localidade, cando dará comezo esta cea-baile para festexar a chegada do entroido. O menú estará composto de lacón con grelos e orellas típicas destas datas, a un prezo de 12 euros; ademais os asistentes participarán no sorteo de diferentes agasallos. Aproveitando a ocasión e coincidindo co vixésimo aniversario da Fundación do PP, farase un percorrido pola historia do partido no Porriño a través da proxección de vídeos, nos que se amosarán vellos tempos e momentos máis recentes. Asimesmo, faráselle un recoñecemento especial a todos aqueles ex-concelleiros que estiveron ao servicio dos porriñeses durante máis de dúas décadas.

Advertisements

0 Responses to “O PP do Porriño festexa o entroido cunha cea-mitin”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: