Arévalo e Loureiro visitan o CEIP Atín-Cela

visitaatin

:: Entrevistáronse co director e comprometéronse a acometer melloras no colexio::

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loueiro, reuníronse  co director do CEIP Atín-Cela, para coñecer de primeira man as necesidades deste centro. Arévalo e Loureiro coñeceron as instalacións do colexio acompañadas polo director que lles espuxo as principias deficiencias do mesmo.

Tras a visita, que durou aproximadamente unha hora, edil e concelleira comprometéronse a solucionar coa máxima rapidez posible os problemas do centro educativo sobre os que o Concello ten competencia. Os compromisos das dirixentes municipais centráronse na reforma dunha das aulas de infantil e na ampliación doutra que se logrará comunicándoa cun pequeno cuarto que ten ó lado (ambas se realizarán durante as vacacións de verán), o alicatado das baldosas do edificio, rematar o mobiliario ó que lle falta o acabado final (barnizado… etc.), revisar as instalacións eléctrica e de fontanería, colocar máis puntos de iluminación exterior nocturna, a  cometida da limpeza periódica do aparcadoiro por parte de operarios municipais, que un técnico municipal revise o talud que hai no patio de recreos para estudiar a posibilidade de rebaixar o desnivel, o acondicionamento da pista de baloncesto mediante o picado e asfaltado da mesma, a reforma do patio interior do colexio instalando un xardín, a limpeza anual das fiestras do centro e a revisión, por parte de técnicos municipais, do teito de uralita que cubre o patio exterior para comprobar se cumpre a normativa vixente.

Advertisements

0 Responses to “Arévalo e Loureiro visitan o CEIP Atín-Cela”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: