A revista cultural Kalaikia, de A Peneira, inaugura un blog e un grupo no facebook

imaxeblog

:: Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción na rede  ‘YES WE K’ ::

Unha nova era comeza para a revista cultural do xornal A Peneira, Kalaikia. Ademais dos 10.000 exemplares distribuidos mensualmente xunto ao xornal dende hai dous anos, agora tamén inauguran unha edición dixital actualizada. O blog, ao que se accede dende a web www.apeneira.com, inclúe todas as seccións que se poden ler na edición papel, que se actualizarán coa saída de cada número, así como novas actualizadas relacionados coa cultura galega. Unha hemeroteca na que se poden consultar todos os números atrasados e unha invitación para unirse ao recén creado grupo de facebook son outras das novidades do espazo. Para potenciar a súa presenza veñen de encetar a campaña de promoción ‘YES WE K’ para o que piden aos seus lectores e lectoras que “lles axuden con suxerencias e comentarios a espallar este proxecto”

Un pouco de historia

Kalaikia, magazine cultural do xornal A Peneira, coordinado por Diego Giráldez, naceu no mes de setembro de 2006 coa pretendida (e pretenciosa) arela de ollar cara a nova cultura galega dun xeito moderno e contemporáneo. Novos ámbitos da creación menos considerados noutros medios de comunicación conseguiron aqui o seu protagonismo. 

Mes a mes, cun deseño innovador e actual, formateou anteriores experiencias conseguindo que nas súas páxinas participaran sinaturas como as de Cándido Pazó, Paula Carballeira, Xurxo Lobato, Susana Cendán, Uxía Senlle, Xosé Bocixa, Noel Feáns, Xurxo González, Alberte Momán, Carlos Blanco, Uqui Permui, Alfonso Pato, David Barro, Roxelio Groba, Xosé Ramón Paz Antón, Germám Ermida ou Eduardo R. Cunha “Tatán”.

Novos ámbitos da creación menos considerados noutros medios de comunicación como a fotografía ou o deseño conseguiron aqui o seu protagonismo.

Entrevistas de actualidade (Nani García, Suso de Toro, Antón Reixa, Ramón Costafreda, Macaco, Forges, entre outros), reportaxes e unha ampla axenda sinalaron un antes e un despois no concepto cultural xornalistico da prensa en galego.

 

Advertisements

0 Responses to “A revista cultural Kalaikia, de A Peneira, inaugura un blog e un grupo no facebook”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: