A empresa adxudicataria para a redacción do novo plan xeral de Salceda comezará a traballar en breve

pxomsalceda

O Alcalde de Salceda de Caselas e o representante legal da empresa adxudicataria, Consultora Galega, asinaron o contrato polo que esta sociedade estudará e redactará o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Salceda.  O goberno municipal de Salceda considera prioritario o comezo dos traballos de redacción do planeamento dado que o Concello de Salceda conta na actualidade cunhas normas subsidiarias do ano 1997, totalmente desfasadas e sen adaptar a Lei do Solo, en vigor.

O contrato estipula un prazo de 31 meses para a aprobación definitiva do proxecto, que vai supor un custo de 191.000 €, dos que 137.023,33 serán sufragados pola Consellería de Política Territorial, grazas á subvención concedida en maio do ano 2008. Fortunato Álvarez, Concelleiro de Urbanismo, lamenta a situación herdada polo goberno anterior, que non foi quén de cumprir a Lei do Solo vixente dende o ano 2002. “As normas actuais de Salceda son unhas normas de terceira división que en moitos casos non cumpren coa  lexislación vixente”. Por outro lado tamén aclara que “Tivemos que rescindir o contrato á empresa contratada polo anterior goberno por incumprimento do mesmo. O goberno do PP desaproveitou 95.643,23 € que lle concedera a COTOP nos anos 2001 e 2004”.

Marcos Besada, alcalde de Salceda, afirma que o que se pretende facer é un PXOM “pensando na xente e no interese xeral, respectuoso co medio ambiente e que aposte polo rural”. “Para isto vaise ter como referente o dialogo, a transparencia e a participación de todos e todas nun documento que nos sirva para planificar unha nova Salceda que todos/as desexamos”

Advertisements

0 Responses to “A empresa adxudicataria para a redacción do novo plan xeral de Salceda comezará a traballar en breve”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: