O Porriño investirá 2.963.000 euros en obras a través do Fondo Estatal

fondo_estatal

Raúl Francés, alcalde do Porriño, e Pedro Pereira, concelleiro de Vías e Obras, presentaron hoxe os proxectos que se levarán a cabo no municipio a través do Fondo Estatal. “Damos por ben recibidas estas axudas nun momento de crise”, sinalou Francés. Despois matizou que aínda así “non se tiveron en conta dous datos diferenciadores: a dispersión da poboación e a actualización dos datos estatisticos”.

As obras que se realizarán suman un total de 2.963.000 euros, o cen por cen da axuda que se podía acadar. “Todas as propostas fóron xa aceptadas”, asegurou Pedro Pereira, “e tocaran servizos públicos de primeira necesidade como saneamento, sustitución de redes de abastecemento de auga, iluminación, sinalización viaria, humanización e accesos a discapacitados”.

 

Parroquias e centro urbano
As actuacións realizaranse tanto no centro urbano do Porriño como nas parroquias. Son en total once proxectos entre os que figuran a melora da accesibilidade ao Centro Multiusos de Torneiros, a continuación da humanización ata a rúa Xogo da Ola, a mellora do entorno do Polígono 1 de Torneiros, instalación de parques infantís en todas as parroquias, mellora da iluminación da rúa Domingo Bueno, colocación de badéns na N-550 e na N-12 para mellorar a seguridade vial e saneamento nas parroquias de Chenlo, Pontellas, Mosende e Cans.

Advertisements

0 Responses to “O Porriño investirá 2.963.000 euros en obras a través do Fondo Estatal”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: