Charla sobre o conflicto palestino-Israelí en Mos

O BNG de Mos, ante os graves acontecementos acaecidos na franxa de Gaza a principios de ano, presentou unha moción no pleno do concello de Mos rexeitando o ataque indiscriminado do estado de Israel a cidadáns palestinos. Este ataque é un crime de guerra que aparece como colofón de máis dun ano de bloqueo do Estado de Israel contra o pobo de Gaza, que xa provocara unha grave crise humanitaria, e as súas vítimas súmanse aos máis de 5.000 palestinos mortos desde setembro do ano 2000, en que empezou a rebelión contra o Estado Israelí na coñecida como Segunda Intifada, e onde tamén morreron máis de 900 nenos e nenas. 

 O BNG estima que había que facer algo máis por este pobo que tanto está a sufrir, e para poder entender mellor o porqué deste conflicto, convida a todos os veciños e veciñas de Mos, á charla que vai ter lugar ás 20.00 horas do venres no CDL, onde contaremos coa exposición de: Gustavo Barcia Seijo, veciño de Mos e gran coñecedor dos acontecementos históricos desa zona, Omar Mohd-abdelghani Quintal, estudante palestino-galego, que aportará a súa visión sobre a situación actual, e Henrique Vieitez número 2 da lista do BNG pola provincia de Pontevedra, que fará unha achega da visión que dende o BNG se ten sobre este conflicto. Xosé Manuel Martínez Ojea , portavoz do grupo municipal do BNG en Mos, actuará como moderador.

Advertisements

0 Responses to “Charla sobre o conflicto palestino-Israelí en Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: