Arévalo reúnese con Defende Mos para intentar convocar con urxencia a Comisión de Seguemento

nidia

:: Arévalo condeou a sanción imposta a esta asociación  pola subdelegación do goberno por celebrar en Novembro unha manifestación contra a nova autovía Vigo-Porriño::

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse onte pola tarde cos integrantes da Plataforma Defende Mos para intentar por en marcha canto antes a Comisión de Seguemento sobre a nova autovía Vigo-Porriño. A rexedora local e presidenta da Corporación Municipal xa se puso en contacto con tódolos grupos políticos para avisarlles de que “deben nomear un representante que forme parte da Comisión de Seguemento para que esta poida reunirse canto antes”.

Arévalo lembrou  mediante un comunicado que “a comisión deixou de convocarse e celebrarse en Agosto de 2008, cando a exalcaldesa, María Jesús Escudero, a abandoou”. Agora a alcaldesa espera “que na vindeira Comisión de Seguemento haxa representación de tódolos grupos políticos da Corporación”. Ademais, Nidia Arévalo quixo deixar claro que “dende o Partido Popular mosense non vamos cambiar de opinión respecto á nosa postura de oposición á nova autovía”. “Intentaremos que non se constrúa dita infraestructura e que de adoite a medida de desviar o tráfico pola autopista”, insistiu Arévalo.

A rexedora municipal volve tamén a pedirlle explicacións ó goberno autonómico da Xunta de Galicia sobre o por que de non querer nin estudiar nin valorar a posibilidade de que non se constrúa a nova autovía Vigo-Porriño. Arévalo aproveitou ademais para anunciar que “no sucesivo a Comisión de Seguemento, que actualmente trata o tema da autovía, incluirá todas as infraestructuras que se vaian ubicar en Mos e que causen un importante número de afectados veciños do municipio; como é o caso, por exemplo, do polígono da Arrufana”.

Nidia Arévalo pronunciouse tamén durante a reunión de onte coa Plataforma Defende Mos sobre a sanción, consistente no pago dunha multa, que a subdelegación do goberno na provincia de Pontevedra lle impuxo á presidenta da asociación por unha manifestación que se celebrou en Novembro de 2008. Arévalo lamenta dita sanción e asegura que a súa intención é a de coartar a liberdade de expresión. “Os afectados pola futura autovía teñen dereito a manifestarse, polo que dende o goberno municipal mosense condeamos a imposición desta multa”. Ademais a alcaldesa considera que “o feito de que a sanción chegue agora cando a manifestación foi fai catro meses evidencia que se trata dunha advertencia para que non se realicen actos deste tipo en campaña electoral” e anunciou tamén que “a partires de agora o Concello respaldará e apoiará tódalas manifestacións que faga a Plataforma Defende Mos”.

 
Advertisements

2 Responses to “Arévalo reúnese con Defende Mos para intentar convocar con urxencia a Comisión de Seguemento”


  1. 1 Mos 17 Febreiro 2009 ás 21:08

    É curioso que o Subdelegado do Goberno escollera, de todas as manifestacións convocadas polos colectivos que participan en “A Ría non se vende” -como é o caso da Plataforma pola Defensa de Mos- o día 28 de Novembro precisamente a manifestación do noso concello. Unha honra, dende logo. Multas por manifestarse en terreos do concello. Así estamos. Debe ser que según algunhas autoridades, caladiños estamos mellor. Como dicían algunhas forzas de seguridade dos anos corenta: hai que ter “VISTA LARGA Y MALA IDEA”. Ese é o resumo do que fai a Subdelegación.

    A semán seguinte á entrevista coa alcaldesa reaunudouse a comisión de seguimento, a que asistiu tamén o representante do BNG. Non houbo nengún representante do psoe.

    Colorín colorado.

    Sr. subdelegado, despois de combatir tan ben a delincuencia, só queda que vexa catro ou cinco NODOS e a durmir.

  2. 2 liscran 19 Febreiro 2009 ás 22:24

    para mos,
    non sei si é verdade que asistíu o representante do BNG ou non, pero porque se fai referencia a ese grupo político e non ó PP que se entende que asistíu, parece que a Plataforma contaba só cos do PP como si se tratara dos seus propios amigos, creo que fas un flaco favor á plataforma facendo ese comentario.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: