O edil de Saneamento e Abastecemento de Mos visitou o barrio de San Rafael para localizar as arquetas ocultas baixo o asfalto

concelleiromos

:: A última pavimentación do vial fíxose en 2007  “sen respectar as entradas ás instalacións de traída de augas e alcantarillado polo que agora non hai acceso para arranxar as averías existentes”, segundo informan ::

O concelleiro de Saneamento e Abastecemento, Ángel Pereira Carrera, visitou esta mañá o barrio de San Rafael, na parroquia Mosense de Pereiras, para interesarse polos problemas coa auga e o alcantarillado que están a padecer os veciños da zona.

Pereira localizou, durante a visita de hoxe, onde se ubican as arquetas de acceso á instalación de traída de auga e alcantarillado, xa que estas foron cubertas con asfalto cando, antes das eleccións municipais de 2007, o anterior equipo de goberno ordeou que se pavimentase o firme da estrada desta urbanización.

O edil mosense lamenta que “se asfaltase con fins electoralistas e facendo mal as cousas, xa que non se respectaron as arquetas, que quedaron tapadas impedindo ó acceso ó sistema de alcantarillado e de abastecemento de auga potable; co que agora que se rexistran problemas nestas instalacións, temos que localizar as entradas coa axuda dos veciños e volver a levantar o firme para poder acceder a arranxar as averías, co gasto innecesario que eso supón, xa que podería evitarse de terse feito ben as cousas dende un principio”.

Tra-lo percorrido pola zona, Ángel Pereira comunicoulle ós veciños que a vindeira semana operarios municipais iniciarán os traballos de levantamento do asfalto para descubrir as arquetas ocultas e poder así solucionar as actuais averías na auga e o alcantarillado.

Advertisements

2 Responses to “O edil de Saneamento e Abastecemento de Mos visitou o barrio de San Rafael para localizar as arquetas ocultas baixo o asfalto”


  1. 1 diogo 5 Febreiro 2009 ás 08:59

    E logo, non aproveitou pra repartir o pan? jajajajaja


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: