A Biblioteca Municipal do Porriño achega os servizos do seu clube virtual de lectura do comic ao alunado do IES Ribeira do Louro

comiteca

Que é o e-clube de lectura do cómic da Biblioteca Municipal do Porriño?

O e-Club Virtual de Lectura do Cómic da Biblioteca do Porriño pretende ser un espazo de encontro no que, a través de informacións, recensións e experiencias compartidas entre todos e todas, se lle dea unha “volta de torca” ao mundo do cómic a partir da comunidade de usuarios e usuarias da biblioteca porriñesa. Periodicamente engádense críticas dunha obra ou serie en concreto para que sexan valoradas polos usuarios e usuarias coas súas impresións, apreciacións e opinións; a través dos comentarios aos post incluidos polo administrador.

As posibilidades deste entorno dixital permiten que non sexa necesario estar presentes nun mesmo espazo físico ou temporal para facer efectiva a dinámica tradicional dun clube de lectura, senón que é posíbel participar cando se queira na crítica aberta ao redor da obra en cuestión. O e-clube de lectura convírtese nunha ferramenta máis da Comicteca, o exitoso servizo de comics da Biblioteca Municipal do Porriño, unha aposta da Concello do Porriño pola difusión da banda deseñada.

Biblioteca do Porriño + IES Ribeira do Louro

A Biblioteca do Porriño e a Biblioteca do IES Ribeira do Louro, veñen de crear unha sección deste instituto porriñes no e-club do lectura de cómic. Con esta colaboración,  preténdese achegar o mundo da banda deseñada ao ensino, facilitando a toma de contacto do alunado do instituto coas distintas obras que no clube se propoñen.

En cada trimestre selecciónanse tres obras para seren tratadas. Realízanse guías de lectura de cada unha delas, que son colgadas na web ( http://biblioporrinocomic.wordpress.com ) paraque os alumnos e alumnas as descarguen e contesten nela ás preguntas incluídas na guía. Ademais, en cada trimestre o clube reúnese no instituto para falar presencialmente das obras tratadas. Conxúganse así os beneficios dos clásicos clubes de lectura coas posibilidades dos entornos virtuais.

O e-clube da lectura de cómic da Biblioteca Municipal do Porriño ven de subir ao seu web unha exhaustiva guía de lectura en formato PDF sobre o comic  Trazo de Xiz,  de Miguel Anxo Prado. Información sobre a obra, o autor, recomendacións doutras bandas deseñadas e orientacións para a lectura fan desta proposta todo un exemplo que como lle tirar todas as posibilidades a unha obra de banda deseñada. Compre sinalar que esta guía de lectura ven de ser recomendada no sitio web da revista BD Banda, a revista especializada en comic de Galiza.

A Biblioteca do Porriño envía ao instituto cada trimestre, asemade, varias copias das obras a tratar e diverso material relacionado. Para participar no e-clube, o alunado do IES Ribeira do Louro debe entrar na páxina do mesmo, seleccionar a categoría “IESRibeira” e publicar un comentario asinando con nome e apelidos. Desde a Biblioteca Municipal do Porriño quérese animar á participación activa neste espazo dixital (válido tanto para lectores e lectoras como para autores e autoras de comics), que pretende colaborar na dinamización da vida dun xénero que até ben pouco non recibira todo o recoñecemento que se merece.

Advertisements

0 Responses to “A Biblioteca Municipal do Porriño achega os servizos do seu clube virtual de lectura do comic ao alunado do IES Ribeira do Louro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: