Sandra Temes, concelleira de cultura, fai pública a programación ‘Mos Entroido 2009’

maquillaje-040

:: Diversas actividades se celebrarán entorno ó Entroido de Mos a partires do día 14 de Febreiro ::

 A concelleira de Cultura fixo pública as actividades que dende o o seu departamento se desenvolverán entorno ó Entroido. “Comezando o día 14, sábado, realizaremos obradoiros de confección de máscaras e disfraces para nenos de ata 10 anos en cada unha das parroquias do noso Concello. Estes obradoiros xa se viñan realizando, centralizados no Multiusos, pero quedabánse pequenos xa que o número de nenos que podían albergar estaba límitado, tendo que engadir o asunto do transporte, asignatura pendente no noso municipio. Deste xeito, ampliase a oferta en número e en localizacións” afirma Temes. O plazo de inscrición realizarase a través das propias asociacións, podendo contactar co departamento de Cultura para facilitar o nome da asociación e o contacto do lugar que se adapte mellor, dependendo da localización. “Deste xeito, acercamos a oferta cultural ás asociacións, devolvéndolle dende o Concello a gran laboura que fan en prol da Cultura dentro e fóra do noso Concello”, continúa Temes.

O sábado día 21, ás 21 horas no Multiusos das Pozas, na parroquia de Petelos, a compañía Avento representará a obra teatral “Monstruos”. O Domingo día 22, terá lugar o xa tradicional desfile de Entroido que este ano será amenizado pola charanga “Los Clavelitos”. Este ano, a gran novidade en torno ó desfile, é o seu traslado á parroquia de Sanguiñeda, tendo a saída ás 17.00 horas dende o concesionario Renault cara ó pavillón municipal de Sanguñeda. O día 22 de Febreiro, martes de Entroido e festivo local, ás 18.00 horas no Multiusos contarase coa actuación dos cantautores Andrés Suárez e Javier González Méndez, acto este subvencionado íntegramente polo programa Vai de Camiño. Sandra Temes afirma que “contamos cunha programación entorno ó Entroido variada e divertida, tratamos de cubrir todas as xornadas de festa e penso que o fixemos pensando en todos, dende os máis cativos ata os maiores, cubrindo a demanda, dende a música ata o teatro, sen esquencernos nunca de facer actividades divertidas e entretidas”.

Advertisements

2 Responses to “Sandra Temes, concelleira de cultura, fai pública a programación ‘Mos Entroido 2009’”


  1. 1 un de Cela 6 Febreiro 2009 ás 09:30

    xa estamos con cacicadas,querendo quedar ben con todos,isto non hai por donde collelo,xa volvemos os anos de desfilar pola via de servicio da autovia,concelleira ti pouco sabes de mos,os teus entroidos nunca foron estes eran de alta alcurnia,por iso deixa os entroidos,donde se estaban celebrando.e iso que vivo en cela e o mellor si gerardo se enfada xa sabemos o que pasa.
    unhas preguntiñas,¿donde aparcamos?,¿donde esperamos a desfilar?,lagunhas comparsas teñen que acceder a autovia para chegar o lugar.nada que sodes uns lumbreras.¿donde esta meu veciño que o voto de menos?.

  2. 2 Sabela 8 Febreiro 2009 ás 18:40

    Estou de acordo co de Cela: se non vas a mellorar as cousas ¿para qué tocalas?, que xa os que estiveron antes que ti tiveron que traballar arreo para organizar a desfeita que os teus tiñan. E que conste que á que escribe lle viría mellor telo a carón da casa, pero non é o lugar;Sanguiñeda non é o lugar… e agarda a meter no pavillón as comparsas, parecerá un día de tronos. Se cadra diso se trata, de non escoitar o moito que os veciños teñen que dicir…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: