O pleno ordinario de xaneiro celebrarase este xoves no Pazo de Mos

O Pazo de Mos será o escenario do pleno ordinario deste mes de xaneiro, no que se levarán a aprobación seis puntos na orde do día, ademais de diferentes mocións presentadas polo PSOE e o BNG. Será o xoves a partires das seis da tarde, e se agarda a asistencia de numeroso público de Mos.

Entre os temas que se tratarán este xoves destaca a recuperación do espazo público constituído por unha parcela situada na curva da Revoltiña, a ordenanza municipal de verquidos e uso do sistema de saneamento e o plan de igualdade.

Entre as mocións atopqamos temas como a solicitude do PSOE á Deputación de subvención do 100 por 100 do custe da redaccion dos proxectos do plan de investimentos do Estado en Mos,  a petición de manter a operación de crédito para realizar obras de seguridade vial en A Porteliña – As Pozas, ou o mantemento do prestamo para comprar os terreos e inicio das obras da nova casa consistorial.

O BNG presentou unha moción de condena do ataque israelí contra a franxa de Gaza.

Advertisements

8 Responses to “O pleno ordinario de xaneiro celebrarase este xoves no Pazo de Mos”


  1. 1 Okupacion!! 28 Xaneiro 2009 ás 09:37

    Empeza a ocupación por parte do concello, e sen inda ter contrapartidas,bueno algun igual si que apaña algo por isto.

  2. 2 Caiman 29 Xaneiro 2009 ás 16:32

    Non empeza a ocupacion, empeza un imbecil a decir tonterias.

  3. 3 o gabilán 29 Xaneiro 2009 ás 19:51

    Doulle toda a razón a okupacion. Estase comenzando polos plenos e logo… ¡SORPRESA! O CONCELLO APODÉRASE DO PAZO DOS VECIÑOS DE MOS,SEN CONSULTALO CON ELES.¡VEN POLA NOVO GOBERNO! ¿É iso o que queremos?Teremos entón que darlle as grazas o Presidente da Fundación, pois ÉL é o responsable de que o pobo entre nunha loita que non fai ningunha falta, pois todos estábamos moi tranquilos, ata que cheraron estes coa suas grandezas e mirando por riba do hombro,a uns veciños os que se vai enfrentar o dia primeiro de Febreiro.

  4. 4 Caiman 30 Xaneiro 2009 ás 10:50

    Xa entra o segundo e falando de loitas, mandache carallo. O problema e que hubo xente que quentoulle a cabeza os veciños con mentiras e o que fai falta e que os veciños digaselle a verdade e vote e sobre tudo que deixen uns politiquillos de pouca monta de montala.

  5. 5 Manoel 30 Xaneiro 2009 ás 15:49

    Como ben sabedes o Edicio do Concello xa non se fai en As Pozas -cando menos polo que nos deixou ver a nova Alcaldesa-

    Pero sabe algen, si xa tiveron conversas o respecto cos responsables do Pazo,? o que dixo onte Nidia no Pleno e que si, e que se levará o pleno chegado o momento.

  6. 6 o gabilan 30 Xaneiro 2009 ás 18:57

    deixa que a xente opine non sexas tan ignorante, Caimán.

  7. 7 o gabilan 30 Xaneiro 2009 ás 18:59

    para caiman, deixa que os demais poidan expresar o que pensan.

  8. 8 LOURO 2 Febreiro 2009 ás 13:13

    Deixa ti tamén que opinen gabilan, non sexas idiota.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: