O BNG esixe o arranxo do vial de Porteliña a As Pozas

:: “E impensable deixar este vial sin arranxar pola perigosidade existente”, aseguran os nacionalistas ::

O vial que discurre dende a biblioteca municipal  ate a capela de Petelos, coñecido como vial das Pozas, é utilizado por moitos veciños e veciñas de Mos cando se dirixen  ao pabellón, á piscina ou ao multiusos. E, o que é máis importante, é ruta de paso dos autobuses de transporte escolar que levan aos nosos rapaces e rapazas aos centros de ensino que se atopan na zona das Pozas, tanto de educación primaria como de secundaria.

O sinuoso e estreito trazado deste vial é moi perigoso, os desniveles laterais, a ausencia de beirarrúas e de “arcéns”, fai deste traxecto un punto negro da rede viaria do noso concello. Así o manifestaron en diversos informes os técnicos municipais, sendo unha reclamación constante de pais e nais de alumnos.

O BNG, consciente desta situación, tendo a responsabilidade na concellería de vías e obras, encargou os informes e proxectos técnicos para iniciar o arranxo deste vial, sabedores das necesidades doutras inversións no concello, quixemos dar prioridade a esta por coherencia e responsabilidade política e social. E, aínda máis, deixou o diñeiro necesario para o seu arranxo, tanto para o vial como para a Ponte que é preciso facer de novo.

Ao novo goberno, apoiado polo tránsfuga do PSOE, non lle  parece importar nin a perigosidade, nin a posibilidade de que ocorra algún accidente nesa zona, dando prioridade a outras inversións, que poderían levarse a cabo máis adiante. Para o novo goberno este vial principal tan usado, non ten necesidade nin apremio, deixando só o diñeiro necesario para o arranxo da ponte.

O BNG en Mos, fai responsabeis únicos ao PP e ao tránsfuga do PSOE, de calquera accidente que poda ter lugar neste vial; dende a nosa responsabilidade como oposición, o BNG dará o seu  apoio a calquera iniciativa que vaia dirixida ao arranxo deste vial ás Pozas, dentro das características ténicas que os informes municipais deron no seu momento.

O PP xa se posicionara en contra de facer este vial máis amplo, votando en contra dunha modificación urbanística para amplialo, pechando así toda posibilidade de dotar dunhas dimensións adecuadas a este vial.

Agora, cambiando o destino do diñeiro, o PP pecha a porta á posibilidade de que as Pozas sexa un lugar seguro para os usuarios, para os escolares, e para todos os veciños e veciñas do concello que empregan este vial.

Advertisements

2 Responses to “O BNG esixe o arranxo do vial de Porteliña a As Pozas”


  1. 1 eche eche 28 Xaneiro 2009 ás 09:41

    Home os cartiños son pa pagar o vicio e os novos asesores que a Nidia ten, que entre asesores, publicidade e o chupon que vai poñer pa urbanismo, isto xa parece Vijo. E os camiños que lle den, que o fin e o cabo a señora marquesa non conduce, que ten chofer e a de dios…

  2. 2 INDIGNACION 28 Xaneiro 2009 ás 18:36

    Isto e incrible. Que estiveron facendo os do Bloque na pasada lexislatura….Agora din que xa deixaron cartos…Que forma mais boa de sacar balons fora. Está claro que este vial necesita un arranxo, xa; pero eles non puxeron nin un gran de area para empezar as obras.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: