Vivenda e Solo presentou o proxecto para a ampliación do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia

ctag

:: O proxecto sectorial presentado pola conselleira será aprobado pola Xunta no primeiro trimestre de 2009 ::

A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, presentou no Porriño o Proxecto Sectorial para a ampliación do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), que na práctica suporá a creación do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes. A ampliación se levará a cabo sobre unha superficie de 47.164 metros cadrados colindantes coa actual instalación do CTAG.

O investimento estimado entre a Administración pública e o CTAG ascende a 50 millóns de euros, correspondentes á adquisición dos terreos, á urbanización do ámbito e á construción das instalacións do novo centro.

Táboas valorou a oportunidade deste tipo de infraestruturas “na actual conxutura económica e de extrema dificultade para o sector do automóbil”. Nese sentido, a conselleira nacionalista salientou que esta actuación en colaboración co CTAG permitirá “avanzar en competitividade ás nosa empresas da automoción, e suporá un novo impulso ao sector desde o punto de vista científico-tecnolóxico e económico”.

A conselleira tamén salientou que esta nova infraestrutura “conlevará  á creación de emprego de alto nivel tecnolóxico a través das empresas existentes na actualidade e de novas empresas que podan crearse ou ser atraídas a Galicia para realizar I+D+i nun entorno competitivo e de vangarda”.

O novo centro que se construirá na ampliación do CTAG albergará cinco laboratorios especializados en deseño electrónico, área de fabricación de compoñentes prototipo, laboratorio de calidade e laboratorio de fiabilidade electrónica, entre outros.

No acto de presentación, a conselleira estivo acompañada polo presidente da Fundación para a Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Industria da automoción de Galicia, Antonio Santos, o director Xeral da Consellería de Vivenda e Solo e presidente de Xestur, Daniel Pino, o alcalde do Porriño, Raúl Francés, e outras autoridades. A conselleira finalizou a visita cun percorrido polas actuais instalacións do CTAG.

Advertisements

0 Responses to “Vivenda e Solo presentou o proxecto para a ampliación do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: