Os alumnos do IES As Pozas reciben consellos de hábitos saudables

A Concellería de Educación do Concello de Mos, dirixida por Julia Loureiro, ven de por en marcha o proxecto “A saúde de mañá é o coidado de hoxe” coa finalidade de fomentar e coordinar a participación do alumnado do IES mosense en accións de educación para a saúde. O obxectivo xeral é estimular a adquisición de valores, actitudes e hábitos saudables e capacitarlles para responsabilizarse da súa propia saúde.

Os destinatarios deste proxecto son os/as alumnos/as do instituto As Pozas de Mos do curso 1º ESO, un total de 42 estudantes.
Neste senso, unha das actuacións que se levarán a cabo estes días son os almorzos saudables, baixo o lema “Cargando as pilas”.
Onte tivo lugar no IES a presentación desta iniciativa que se desenvolverá durante a vindeira semana: do luns, 19, e ata o xoves, 22 de xaneiro, ambos incluídos. Os almorzos comezarán ás 08.30 horas e, seguidamente, os/as alumnos/as participantes realizarán dinámicas de grupo, interactivas e participativas, para traballar os conceptos de hábitos saudables na alimentación.

A actividade consistirá en ofertar e amosar diferentes fórmulas para obter un almorzo saudable, poñendo ao alcance dos estudantes diferentes produtos. Disporase de alimentos variados como froita, leite, iogures, aceite, cacao, cereais, tostadas e pan fresco.
Ademais aportarase documentación para reforzar a información (carteis, folletos….).

En definitiva, os obxectivos específicos son sensibilizar aos destinatarios da importancia duns bos hábitos alimenticios e fomentar unha alimentación máis saudable e equilibrada entre os adolescentes.A realización dos almorzos conta coa colaboración de diferentes empresas que doaron comestibles para desenvolver estas accións: Distribuidora Alimentaria Peñasanta, Frutas Sol, Eroski e a panadería de Angel-Petelos.

Advertisements

0 Responses to “Os alumnos do IES As Pozas reciben consellos de hábitos saudables”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: