O PP de Mos aproba uns orzamentos de oito millóns nun novo pleno conflictivo

Redacción
O salón de plenos do cocnello de Mos quedouse pequeno o pasado 20 de xaneiro para albergar ao númeroso público que ata alí acudiu para coñecer de primeira man as contas de 2009. A sesión comezaba xa coas queixas do público, e remataba co PP en solitario, logo de que a expulsión dun membro do público orixinase a estampida, en solidariedade dos concelleiros do PSOE e do BNG, así como de gran parte dos asistentes.

O incidente acontecía tras a intervención do concelleiro do grupo dos non adscritos Gerardo Alonso para defender os soldos propostos pola alcaldía. Alonso foi increpado por membros do público e a alcaldesa, Nidia Arévalo, tomou a decisión de expulsar a un deles: Raúl Francés, ex concelleiro socialista. Unha medida que os socialistas califican de “desmesurada”. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xustifícase argumentando que Arévalo declarou que, está “farta de levar cinco anos maltratada verbalmente durante os plenos da Corporación Municipal” , lembrando aos socialistas que “a democracia pasa polo respecto ás institucións”, e asegurando que “a partires de agora non permitirei nin a políticos nin ó público que non respecten as normas nas asembleas plenarias, como axustarse ós turnos de palabra ou non insultar ós presentes”.

Os incidentes non impediron que o PP fixese valer a súa maioría e ,aprobase os orzamentos, que ascenden a oito millóns de euros, así como as dedicacións exclusivas, a modificación da relación de postos de traballo, o cambio de afectación dos préstamos ou a celebración de vindeiros plenos no pazo de Mos.

Orzamentos
Arévalo califica este orzamento, que ascende a case 8 millóns de euros, coma “realista”; e asume que é inferior ó de outros anos precisamente por iso, “porque o anterior goberno municipal elaboraba orzamentos irreais e inflados”. A rexedora local explicou tamén que “este orzamento é algo inferior, ademais, porque non quixemos recurrir a outro préstamo bancario xa que aínda temos preto de 2 millóns de euros sen gastar dun préstamo solicitado por María Jesús Escudero”.
Precisamente, o diñeiro procedente de préstamos que está sen gastar invertirase na acometida de alcantarillado e traída de augas fundamentalmente, ademais de en asumir o 20% do custe do local social na Veigadaña. Ademais o equipo de goberno municipal do Concello de Mos terá unha previsión de inversión de preto de 6 millóns de euros en obras, “previsión histórica xa que se tratará do ano con maiores inversións no Concello de Mos”, segundo declaracións da propia alcaldesa.
A voceira socialista, María Jesús Escudero, pon den dúbida este plan de investimentos, asegurando que nas contas tan solo están previstos 16.000: 6.000 para a adquisición de camas adaptadas e 10.000 para un programa de apoio a discapacitados.

Advertisements

10 Responses to “O PP de Mos aproba uns orzamentos de oito millóns nun novo pleno conflictivo”


  1. 1 Sabela 23 Xaneiro 2009 ás 13:52

    A actitude de Nidia Arévalo nos plenos é impresentable; non aprendeu nada nestes anos de oposición.Se fose lista, deberíanlle ter bastado as saídas de tono da anterior alcaldesa (que tivo bastantes), para non facelo aínda peor. O seu comportamento é máis propio dunha nena malcriada, caprichosa e prepotente que da representante do concello. ¡É unha mágoa que personaxes así desprestixien tanto a vida política! (e os veciños a aguantalos).

  2. 2 leo 23 Xaneiro 2009 ás 14:26

    para sabela, a mi si que me parece lamentable que hagas ese tipo de comentarios, estuvistes en el pleno? si no es asi, yo si que fui, y pude comprobar de primera mano lo que alli se vivio, y si lo deseas te lo resumo, actitud mas que lamentable y vergonzosa del bng, dando la nota como siempre y el psoe ya ni lo comento, para empezar la escudero empezo a nombrar personas sin argumento ninguno y por encima un hombre (sin calificativos) empezo a insultar a la corporación, la alcaldesa simplemente lo invito a abandonar el pleno, porque el resto no tenemos por que escuchar tonterias, cuando realmente vamos a una sesión plenaria para enterarnos de las cosas. Si poner autoridad en el desarrollo de una sesión es ser, para ti, una niña mal criada, lo siento, pero no lo puedo compartir.

  3. 3 Manoel 23 Xaneiro 2009 ás 16:47

    Será verdade que Maria Xesús Escudero, cobrou no tempo estuvo de Alcaldesa 11.428.57 euros bruto,(14 meses)e que a actual Alcaldesa Nídia Arèvalo, vai cobrar 38500 euros brutos o ano. ¿porque hai tanta diferenza? e que no Concello de Mos. hai tantos cartos que atan os cans con longanizas.

  4. 4 leo 23 Xaneiro 2009 ás 17:44

    no se si hay o no dinero, lo que si se es que el ayuntamiento tiene un pufo de mas de 2 millones de euros, si si de euros, no de longanizas, y no se de que información dispones pero ya te contesto rotundamente que la escudero no cobro esa cantidad, que pobriña, según tus números cobraba 816.28 € al mes y el resto hasta los 2.400 de donde salian, o se los prestaba alguien, anda, cuando escribas di la verdad y dejate de engañar.

  5. 5 sabela 23 Xaneiro 2009 ás 23:24

    Claro que estiven no pleno, por iso podo opinar deste modo. Se cres que para por autoridade e respecto esta señora ten que comportarse así, non tés nin idea de cal debe ser a actitude dunha representante dos veciños; e támén penso que tal como opinas, a túa neutralidade é moi discutible, e non é bo non saber percibir a realidade con algo de imparcialidade. !Qué magoa!

  6. 6 leo 24 Xaneiro 2009 ás 11:43

    yo no hablo de neutralidad, hablo de realidad, lo que si te puedo decir es que no se puede permitir bajo ningún concepto que la gente vaya a un pleno a insultar y descalificar a nadie, un pleno debe ser pacifico y si alguien no va en ese plan, estoy totalmente a favor de que se le expulse, eso no es autoritarismo, ni nada parecido, es establecer respecto entre todos, un pleno no se debe ver mermado por la actitud o rencor de algunos hacia corporativos o vecinos. Grave si que es cuando la escudero expulsaba a concejales del pleno por que le salia de …., eso si que es lamentable, pero por suerto esa epoca negra se termino.

  7. 7 Manoel 24 Xaneiro 2009 ás 17:12

    Para leo: Non me trabuquei, a Sra. Escudero só cobrou catro meses dende a toma de posesión ata o Golpe de estado, A sra.Nidia porque ten que cobrar 38500 euros o ano. porque non toma exemplo da antiga Alcaldesa?

    Non sei e que nos quere convencer as contas son pçublicas

  8. 8 Mos 24 Xaneiro 2009 ás 17:28

    Eu non estiven neste pleno. Non sei de qué se espanta ninguén. O anterior goberno botou a concellais do pp, seguro que por tanto como a do pp botou a este señor do público.

    Esté quen esté, sempre montan as mesmas liortas, levandoo todo ao plan persoal. Chuzan ao seus respectivos públicos, e todo acaba convertido nunha merda. Visto dunha maneira racional, en educación e maneiras TODOS os políticos de Mos teñen un suspenso.

    Todo queda entre eles e os seus incondicionais. O que lles queda aos veciños é asistir atónitos a todas estas saídas de tono. Non hai ninguén de quen enorgullecerse.

    O que sí que non entendo é por qué os plenos non se siguen facendo no CDL. Polo menos así, xa que non as formas, se gardarían as distancias.

  9. 9 leo 24 Xaneiro 2009 ás 17:52

    para manoel, me estas dando la razón, además con creces, amigo, aprende a hacer cuentas, pero como tengo tiempo te las explico para que no vayas mintiendo por ahi, atento:
    La actual alcaldesa cobrará 38500 € “brutos” al año, divididos estos en 14 pagas, nos daria un total de 2750 € “brutos” mesuales, recalco lo de brutos, por si alguien piensa que es su sueldo de verdad.
    La señora escudero me dices que cobro 11.429 € en cuatro meses, lo cual nos daria un total de 2.858 € mensuales, y de aqui mi pregunta, como es que añadiendo el IPC y las respectivas subidas, la alcaldesa actual, cobre menos que la anterior, me lo podrias explicar manoel?
    Con respecto a que la Escudero cobrara solo 4 meses, tendrias que pedirle explicaciones a los peseteros que tenia como socios de gobierno y la tuvieron todo ese tiempo sin aprobarle los sueldos, y luego ella como compensación firmó un pacto de perdedores, lo resalto muy bien, de perdedores, y me hablas de golpe de estado, golpe de estado si que es que dos partidos que perdieron las elecciones engañen a sus votantes, se lleven a matar y se unan por un pacto de interes y lo llamen de progreso, si eso es progreso, lo siento pero que se lo metan en el culo.
    Para Mos, no te preocupes que en este último pleno se acordo celebrar las sesiones plenarias a partir de ahora en el auditorio del pazo de mos.

  10. 10 O GABILAN 25 Xaneiro 2009 ás 15:24

    Paréceme vergonzoso o que está a acontecer no meu concello. penso que todos oos políticos son iguais,so fan insultarse uns os outros,faltanse o respeto, en vez de tratar de solucionar as cousas e buscar un consenso entre todos. bótanse en cara o que fixo mal a oposición´e cando estes chegan o poder fan o mesmo.
    propoño unha cousa:
    1) deixar de azizañarse uns os outros, todos cometemos erros, e deles debemos aprender, ser votar nada en cara o contrincante, porque tamen pode cometer erros.
    temos cousas mais importantes que discutir que si expulsaron a fulanito ou a menganito.
    2) o concello está empeñado porque cando piden un presupuesto este o inflan. EXPLICOME: se por exemplo asfaltar un camiño custa 3000€ este en realidade vaille sair o concello en 3500€ ¿ Porque? o cazo meus amigos, iso é, doucho a ti pero a cambio… se sodes listos o entendedes.
    tratemos de non inflar os presupostos e o pufo será menor.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: