O Lourambal será campo de herba artificial

lourambal
A Concellaría de Deportes do Concello do Porriño, dirixida polo nacionalista Marcos Rodríguez Novás, informa de que o campo do Lourambal contará cun terreo de xogo de herba artificial nos próximos meses, grazas ao compromiso adquirido pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza, a través da súa Dirección Xeral para o Deporte.
O inicio das obras, que dotarán de céspede artificial de última xeración ao campo de Lourambal, iniciaranse no mes de febreiro, contanto con un prazo de execución de tres meses. O campo de céspede artificial que se vai instalar en Lourambal, fará que este terreo de xogo sexa o primeiro da provincia de Pontevedra, e o segundo de Galiza, en contar con este novidoso sistema de céspede artificial homologado pola FIFA.
Esta obra é unha vella demanda do fulbol base no Porriño. O novo equipamento permitirá que se poidan realizar máis adestramentos e encontros, mellorando as condicións para a práctica do deporte dos equipos das categorías inferiores do Porriño Industrial e das escolas deportivas.
“Tiveron que ser as xestións iniciadas polo Goberno do BNG coa Dirección Xeral para o Deporte, despois de comprobar que o compromiso adquirido polo Presidente da Deputación de Pontevedra coa obra quedou nunha mera promesa electoral do Partido Popular, as que fixeron que esta vella demanda da sociedade porriñesa sexa hoxe unha realidade. Desde o Goberno do BNG reafirmamos o noso compromiso co deporte base, e co fomento da práctica deportiva entre a nosa mocidade”, afirmou o Concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez Novás

Advertisements

1 Response to “O Lourambal será campo de herba artificial”


  1. 1 Perez 31 Xaneiro 2009 ás 19:08

    Menudo paripé porque el campo todavía no es del ayuntamiento y no está aprobado su convenio. Operación de márketing que seguro se construirá muy después de las elecciones, posiblemente este verano.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: