O Portavoz municipal de Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, incluído nas listas electorais pola provincia de Pontevedra

mos_ojea-copia

 O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, acaba de ser incluído polo seu partido na candidatura presentada pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas galegas.

 Así o confirmou o Consello Nacional, órgano que decide as listas destas convocatorias, o pasado sábado en Santiago a petición da comarca de Vigo onde Ojea foi dos candidatos máis votados.

 Esta inclusión no número 14 da candidatura ven a respaldar ó grupo municipal do BNG de Mos e tamén ó seu portavoz, “como unha maneira de validar o comportamento do BNG no goberno de Mos, do que foi arrebatado fai pouco máis dun mes pola presentación dunha moción de censura contra o goberno co apoio  dun tránsfuga”, asegura Miguel Anzo Aldea Moscoso, responsable local do BNG.
 Ojea ocupou cargos de responsabilidade a nivel do BNG na comarca e actualmente pertenece ó Consello Comarcal, sendo ademáis o candidato do BNG de Mos en dúas ocasións á alcaldía de Mos, participando no goberno le como Tenente de Alcalde nas dúas lexislaturas anteriores. Actualmente representa ó seu grupo municipal na Mancomunidade de Vigo  no concello de dirección do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI).

 O portavoz de Mos sigue na corporación do seu concello representando ó BNG, sendo neste intre un dos concelleiros con máis experiencia na corporación de Mos.

  Ojea manifestou estar ilusionado en traballar nesta campaña para as autonómicas e en participar con Tareixa Táboas nesta candidatura, esperando ademáis que o resultado de Mos sexa un duro castigo para o PP pola maneira de entrar no goberno de Mos.

Advertisements

6 Responses to “O Portavoz municipal de Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, incluído nas listas electorais pola provincia de Pontevedra”


  1. 1 Sabela 15 Xaneiro 2009 ás 18:21

    Alégrame moito que unha persoa coa experiencia política,co bo facer e co comportamento excepcional e fóra de toda dúbida de Ojea, teña un recoñecemento tamén de parte da organización nacional do BNG. Este recoñecemento chega nuns momentos difíciles para o concello de Mos, tras ser arrebatado o seu goberno polo PP máis un tránsfuga. Noraboa, Ojea.

  2. 2 diogo 16 Xaneiro 2009 ás 10:04

    Xunto con Cabaleiro, Ojea é do melloriño que deu o concello de Mos

  3. 3 roberto 17 Xaneiro 2009 ás 18:06

    A pena e que o posto sexa só de “relleno”, creo que Ojea merece moito máis pero estou seguro que si o BNG gaña terá un posto no goberno galego.

  4. 4 todomos 20 Xaneiro 2009 ás 22:05

    Ollea vale moito, e boa persoa. É unha pena que os de Mos non superamos apreciar a valía de Ollea e o seu equipo, foi unha oportunidade histórica que se perdeu .Confío en que Quintana o teña en conta se sigue gobernando en coalición.

  5. 5 unha de Mos 22 Xaneiro 2009 ás 20:14

    alégrome que as listas do Bng a formen xente comprometida con Mos ,con ganas de traballar e que dignifiquen a profesión de político cunha forma de traballar honrada e co oxetivo de un Mos humano, moderno e con benestar para os que nel viven.

  6. 6 leo 23 Xaneiro 2009 ás 18:51

    mis máximas felicitaciones ojea, lástima que tu puesto sea para cubrir el papel y ojalá salieses en las listas y nos libraramos de ti en mos, aunque como me parece que el bng de estas ira de culo como siempre y sus amiguitos de la ceja ya ni hablamos, y sin unión no hay pastel, tendremos que aguantarte a ti y a esa tropa que llamas equipo una buena temporada como oposición, pero asi son las cosas, mejor ahora dos añitos y medio para coger un poco de callo y afrontar los muchos que te quedaran.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: