Arrancan os compromisos de Xestur para mellorar as condicións do PEMOS

mos_veigadana-140109

:: Os muros retranquearanse un mínimo de 6 metros dende o eixo da calzada coa posibilidade de que nalgunhas zonas o retranqueo sexa maior para mellorar a vía, que será moi transitada ::

 A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse hoxe conxuntamente coa concelleira Sandra Temes e algúns dos veciños afectados, con técnicos de Xestur e do Concello para visitar o polígono empresarial da Veigadaña e comprobar o estado das obras.

 Tras percorrer algunhas das zonas máis afectadas polo PEMOS no barrio da Veigadaña, os técnicos de Xestur comprometéronse coa alcaldesa a por en marcha algúns dos requerimentos básicos reclamados polos veciños, tales coma o retranqueo dos muros de demarcación dos taludes a un mínimo de 6 metros do eixo da calzada, dotar á zona de beirarrúas, a canalización de tódalas instalacións e rebaixar na medida do posible a altura de taludes e muros. Ademais os técnicos de Xestur expresaron a posibilidade de que nalgunhas zonas da estrada o retranqueo dos taludes sexa maior que os 6 metros mínimos, pero puxeron sobre aviso ós veciños de que canto máis se retranquee maís altura se lle deberá dar ós muros, condición que non safisface ós afectados; polo que se adoitará a medida que, sendo posible, supoña un menor impacto e un maior beneficio para ditos veciños.

 Pola súa banda, a rexedora local, insistiu en reclamar durante esta esta visita á Veigadaña “que se lle remitan ó Concello os certificados de seguridade e estabilidade asinados e selados pola empresa correspondente, e que, chegados a este punto onde moitas das condicións do polígono son xa irreversibles, que Xestur intente reducir o máximo posible o impacto das obras sobre os veciños afectados”. Sandra Temes dirixiuse a Bárbara Fernández, técnico de Xestur, para solicitarlle que comprobasen o estado do muro de contención inxectado e asegurar así que non se teña producido o desprendemento de ningunha pedra máis das que forman a estructura, xa que fai poucos meses rexistrárase a caída de varias destas pedras.

 Tamén asistiu á reunión desta mañá o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, para negociar con Xestur a posibilidade de que dote de alcantarillado a zona baixa do barrio da Fontiña.

 Tras acadar que arranquen estes compromisos dos técnicos, Nidia Arévalo anunciou que o venres 16 de Xaneiro o Concello contestará á proposta de Xestur e de inmediato comezará a modificación das actuais condicións nas obras do polígono da Veigadaña.

Advertisements

25 Responses to “Arrancan os compromisos de Xestur para mellorar as condicións do PEMOS”


  1. 1 diogo 15 Xaneiro 2009 ás 07:31

    Nada novo baixo o sol agás Camiliño meténdose onde non debe. ¿Non sería mellor avisar a asociación de veciños de Torroso para tratar un tema de saneamento? ¿Que pinta a Comunidade de Montes ahí? Centro o meu comentario nesto porque sobre o tema do polígono coma dixen antes, nada novo.
    A si, FRACASO ABSOLUTO de Nidia Arévalo. O que según ela consegue agora xa estaba comprometido hai meses por Xestur. Os veciños da veigadaña o saben, outra cousa e que se atrevan a decirllo a Nidia.

  2. 2 Mos 15 Xaneiro 2009 ás 18:27

    Fracaso absoluto dos pobres veciños que teñen que verse vivindo ahí. Esperemos que polo menos os empresarios estén contentos. Mira que hai xa metros cadrados: Mos-Redondela, O Morrazo, Salvaterra….. Isto é un non parar de poñer polígonos. O que non é reversible son os danos que causan no entorno. Pero, bueno, é o que hai. Morreremos afogados polo progreso. Pero contentos. Non hai nada que xa se poida facer. é o que ten o progreso: a súa impermeabilidade. Nada novo.

  3. 3 diogo 16 Xaneiro 2009 ás 07:20

    @mos
    Refíreste aos pobres veciños que estragaron o monte de Veigadaña coa estracción de xabre sen autorización e sen medidas de seguridade de ningún tipo? Daquela non protestaban polos camións nen polo estado dos camiños.

    Nunha cousa tes razón. Fracaso absoluto tamén dos veciños por confiar en Lidia Arévalo

  4. 4 diogo 16 Xaneiro 2009 ás 07:22

    Por certo, Quen será a persoa que se supón que axuda a Lidia a medir co metro e non sae na foto?

  5. 5 Mos 16 Xaneiro 2009 ás 19:16

    Boas, Diogo.

    Pois sí, deben ser eses mesmos veciños, se tí o dis. E me reafirmo no de pobres, sobre todo vendo os taludes.

    Pero se Nidia Arévalo é a responsable de que se faga desa maneira ese polígono, xa lle poden ir dando. ¿É Nidia Arévalo a responsable dos plans de construcción de todos eses polígonos industriais? O polígono está ahí porque os veciños confiaron nela? Tí me dirás.

    O unico que sei que hai outro en construcción (o de Mos-Redondela), e calquera que coñeza un pouco a zona, o único que pode sentir é noxo. E o mesmo pasa co que van facer no Morrazo. Vai arrasar con toda a zona. Pregúntalle aos ecoloxistas, a ver que che din.

    Non sei se a última é unha pregunta retórica ou tamén ma fas a mín. A miña nivel de análise non chega tan lonxe: ¿Fraga en cadeira de rodas e babeiro? ¿Caride vestida de oficial da Wehrmacht? ¿Torito V o Magnífico? ¿un prócer da patria?

    Unha vez máis Diogo, tí dirás.

  6. 6 diogo 19 Xaneiro 2009 ás 10:39

    @mos Un saúdo
    Nidia é responsabel porque tamén votou a favor de construir un polígono industrial na Veigadaña e en Arrufana.
    Sobre os plans de construcción, supoño que non é a responsable xa que os seus estudos non pasan de 1º de algo na universidade. Pero se votas a favor de construir un polígono industrial, desde logo tes que ser consciente de que non vai ser un parque natural, e polo tanto actuar en consecuancia e asumir responsabilidades.
    Os veciños de Mos non confiaron en Nidia, e digo de Mos, xa que non é alcaldesa polas urnas senon por moción de censura apoiada por un tránsfuga do Psoe.
    Respecto ao último, quen sabe, ao mellor é o presidente da asociación de empresarios de Mos. (risas)

  7. 7 Mos 20 Xaneiro 2009 ás 15:16

    Boas, Diogo.

    (Sollozos) Sen máis. Non son necesarios tantos millóns de metros cuadrados. A non ser para que especulen con eles. Eu dou a miña opinión, a do pp será a súa.

    Ou, sí unha cousa máis. Niso sí que a alcaldesa do partido popular ten algo menos que Touriño, que é un “home de universidade”. Agora sí (Risas).

    Eche bó baremo o universitario, é.

    Saúde e territorio.

  8. 8 anarca 20 Xaneiro 2009 ás 19:03

    Perdoade que me entrometa, pero habería moito que puntualizar no que dicides. Querido Diogo, se che nota e moito o plumeiro. Hai que ser realista, e obxectivo. Os polígonos industriais non son mais que especulacións de chan industrial. Datos: prezo compra por xestur:18,90 euros/metro. Venta xesttur: 180 euros/metro. Recorte do xornal : “venta de naves industriales en Mos: 800 euros/metro. Tanto é así que a propia consellería está a meter nas condicións de venta de parcelas a obrigatoriedade de construir nun prazo de tres anos, senó revirte o terreo a propia consellería, devolvendo o pagado menos unha penalización do 20% . A propia conselleira recoñece que hai ( 4 de novembro de 2006, La voz e Faro de vigo) un 44% dos polígonos feitos nos derradeiros anos sen ocupar. Adxuntoche páx de Galicianaves para que lle botes unha ollada.
    A lexitimidade da nova alcaldesa non ten que ver neste “aformigonamento” do país que insiste en facer este governo que se denomina “progresista” , e ao cal lle chirrian moito as engranaxes. O certo é que cas medidasanticrise para cas empresas, e este crear chan industrial en prexuizo do medio natural, e de bens comúns para entregar as asociacións de empresarios, incrementando a demanda tanto que se convirtirán logo en rehéns dos mesmos, polo exceso de oferta. En, o dito, habería moito que falar.
    http://www.galicianaves.com/noticias/tag/especulacion/

  9. 9 Mos 21 Xaneiro 2009 ás 11:18

    Por unha vez, totalmente de acordo con Anarca.

    Unha cousa é a pólítica e outra os feitos. Coñezo esas cifras e dan noxo. Alguén gaña con tantos metros cadrados e, dende logo, non vai ser a cidadanía, que vai ver como o territorio de Galiza perde a súa identidade. Nós non vivimos nunha chaira soriana. Isto é outro tipo de país. Que fagan industrias tendo en conta o territorio.

  10. 10 diogo 21 Xaneiro 2009 ás 11:43

    @mos
    Desde o meu punto de vista, coa construcción dun polígono industrial, gañamos a maioria.
    Maioria somos os que padecemos durante anos o espallamento de naves industrias por Mos.
    Maioria somos os traballadores que queremos traballar en lugares axeitados.
    Maioria son os empresarios que queren desenvolver a súa actividade con garantias.
    Maioria somos os que queremos que os polígonos se fagan onde fai falta, e non coma os de antes que si están valeiros.
    A identidade de Galiza nunca foi a desfeita urbanística que provocaron 16 anos de especulación

  11. 11 anarca 21 Xaneiro 2009 ás 12:46

    A ver, sen demagoxias:
    1º Non estou en contra dos polígonos industriais, pero sí cuestiono a necesidade agora mesmos de chan industrial, alomenos de esa cantidade de chan industrial que se está a facer.
    2º Tampouco dixen, nen estou a favor da instauración de naves en calquera sitio (espalladas, coma dices tí), mais ben é ó contrario. Digo que a ubicación nunha zona poboada non é o mellor sitio.
    3º Eu quero, coma tí traballar en lugares axeitados, iso precisamente é o que reclamo, o que non quero é vivir ó carón dun polígono industrial, quero seguir a vivir nu medio natural ¿non teño dereito?
    4º En canto a demanda dun lugar de polígonos industriais, podería dicir que o lugar é o de menos sempre que se respetase o medio e a xente; ten en conta que as empresas non teñen patria, teñen contas de resultados, o cal tamén é lícito, pero non é (penso eu)o que marca a ubicación dunha empresa nun lugar determinado.
    5º Totalmente de acordo; a desfeita que antes se facía era debido o ananismo mental de algunha xente, que cría que o progreso era ter un polígono industrial en calquer concello, e así chegaronse a “vender” parcelas de chan industrial en polígonos a unha peseta o metro (A Cañiza). Pois por iso mesmo, o que reclamo é xusto o contrario, máis cabeza, ou estás a comparar o que fan estes cos de antes?, perdoa, pero non hai que ser tan seguidista,penso que temos que ser un tanto obxectivos.
    Pero que conste, esta é a miña opinión, eu non me atrevería a falar en nome da maioría, non teño datos, pero , coma digo é a miña opinión, nada mais (e, para mín nada menos).
    Saúdos

  12. 12 diogo 21 Xaneiro 2009 ás 13:31

    @anarca
    algunha proposta logo?

  13. 13 Mos 21 Xaneiro 2009 ás 19:11

    Carallo, qué cómodo é isto de non ter que escribir.

    Graciñas, Anarca.

    Saúdos aos dous.

  14. 14 anarca 21 Xaneiro 2009 ás 21:11

    Moitas:
    – Primeiro, o que está mal feito, está mal feito, fagao Xan ou Pericán. Non se pode xustificar o inxustificable. E isto deixámolo para outro día , senón non remato.
    – 2º Facer como cas vivendas: cántas naves hai baleiras? , inventario e logo decidir.
    – 3º Polígonos actuais, desenvolvelos; A Granxa 51 parcelas sen ocupar: expropiación, nada de especulación. Salvaterra 4 millóns de metros cadrados.Amoedo un millón de metros. Veigadaña case que outro millón e os empresarios presionando.Ollo!!: Ponteareas: hai prevista unha zona industrial de 2 millóns dous centos mil metros cadrados.Tomiño,Valadares,…
    – 4º Naves sen orde: ordenación e estruturación de zonas industriais en verdadeiros polígonos industriais; para que escarallar mais país, sen arranxar o que está escarallado? .Aquí, coma tí dis hai moitas naves espalladas polos concellos sen orde nen concerto; pero, isto, de quen é culpa? hai governos que permiten a instalación destas naves e son de todolos signos.
    Ben coma dicía reordenación de zonas industriais: Puxeiros, Ameal, Cabral, Vincios,… e así milleiros de lugares xa deteriorados e que se poderían ordenar.
    – 5º PXOM . Obligatoriedade de ter todos os concellos, para rematar ca famosa Lei en Galicia de TVF ( tí vai facendo ), e para rematar cos escuros procesos de construción. Que todo o mundo teña claro o qué se pode facer e onde, para evitar favores e outras historias. Este PXOM ten que ser consensuado ca cidadanía, deixar de governar de costas ao povo.
    En fin, podería seguir, pero non ten sentido, e iso é o que falta na clase política, que unha vez que chega esquece de onde ven, e adícase a beneficiar a uns cantos en prexuízo dos de sempre. Que queredes que vos diga? Eu vexoo asi, e recoñezo que é a miña opinión, non sei se acertada ou non, pero é a miña.
    Con todos os meus respectos, saudiña .

  15. 15 diogo 22 Xaneiro 2009 ás 12:41

    @anarca
    Gosto das túas propostas e alédome ademáis porque son case idénticas ás que esta a levar a cabo a Consellería de Vivenda

  16. 16 anarca 22 Xaneiro 2009 ás 13:22

    Ti o dis: CASE; sigo dicindo que habería moito que matizar.
    O que debería facer a Consellería é coñecer a zona que tenta “ordenar”; sair do despacho con aire acondicionado e coñecer o País e non desordenar chan en beneficio duns poucos, que a fin e o cabo vanlle facer chantaxe. E senón le as declaracions do Sr Ianni, ESIXINDO axudas ao sector da automoción, logo dos cartos que se lle levan dados; logo ameazan con ERE´s. As axudas deberían darllas aos obreiros, e deixar de darllas aos bancos e empresas para arranxar contas de explotación.
    O dito, habería moito que matizar, polo pronto: NON ao Polígono Mos-Redondela, NON ao deterioro do noso medio; NON á entrega aos empresarios de chan público; Sí aos polígonos ben feitos; Sí a unha ordenación do medio.
    Os polígonos deberían ser comarcais, para aportar dinamismo a zonas pouco desenvolvidas, non sei, eu non son político, nen técnico,tamén jod… que tivera eu a solución.
    É o que penso.
    Saudiña

  17. 17 anarca 22 Xaneiro 2009 ás 13:27

    Por certo, a última dun governo de esquerdas: Le as condicións das oposicións sacadas “in extremis” polo consorcio galego para persoal de galescolas e demais. O dito, a mín soname a tempos de Baltar en Ourense, ou Fraga na súa mellor época. Xunto o plus de altos cargos e os chiringuitos formados, non che sonan a gaivotas?
    “cosas veredes amigo Sancho”.

  18. 18 Mos 22 Xaneiro 2009 ás 14:47

    Diogo,

    dende logo non tes remedio. Simpático, pode, pero teimoso: “CASE??”

    Pareces un político, demo.

    Saúdos ao que ben escrebe e tamén para o que se empeña en defender o “case” indefendible.

  19. 19 diogo 23 Xaneiro 2009 ás 10:24

    @anarca
    Facer un polígono para ubicar a industria non é precisamente desordenar o territorio.
    As declaracións dos empresarios exixindo máis son normais, outra cousa é que lles fagan caso.
    O terreo non se lle regala aos empresarios. Que eu saiba subástase.
    Os novos polígonos si teñen caracter comarcal. Para iso so fai falta ver o plan integral da xunta e non centrarse unicamente no de Mos.
    Por desgraza, na provincia de Pontevedra é imposible realizar ningunha obra sen afectar a vivendas, veciños e demáis, debido ao brutal espallamento da povoación.

    @mos
    Non intento ser simpático. Teimoso coas miñas ideas si que son. O que non son é deses que tornan ecoloxistas cando lles tocan na leira.

  20. 20 diogo 23 Xaneiro 2009 ás 10:39

    A Vicepresidencia aclara que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a seleccionar ao seu persoal mediante o sistema de concurso-oposición público, acordado con todos os sindicatos representados nos comités de empresa elixidos no Consorcio. “Un sistema, transparente e público, que difire moito das contratacións opacas que o PPdeG realizou durante os seus 16 anos na Xunta de Galicia”, sinala.

    Afirma que este sistema obedece a un acordo ao que a dirección do Consorcio chegou cos sindicatos representados no mesmo o pasado mes de decembro de 2008, e que “responde a unha demanda sindical de dotar de estabilidade aos postos de traballo que se están a crear co desenvolvemento do Sistema Galego de Benestar no noso país”.

  21. 21 anarca 23 Xaneiro 2009 ás 17:58

    Querido Diogo:
    Non quero que entendas mal as miñas palabras, mais no teu post do 21 de xaneiro quedou claro (alomenos para mín) que eres un pouco demagóxico (insisto, sen ánimo de ofensa); neste último se ve que manexas a manipulación informativa; é o que ten a política, que penso que malversa un pouco a xente(sigo sen ánimo de ofender, e pido perdón si o fago).
    Lonxe de entrar en discusións dialécticas, aí van unha serie de PROBAS que amosan que non é totalmente certo o que dis.
    http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Guerra/sindical/plazas/convocadas/galescolas/elpepiautgal/20090111elpgal_4/Tes
    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/23/0003_7479991.htm
    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/01/22/0003_7476838.htm
    Gostariame poñer máis, pero a manipulación informativa, digna doutros tempos non moi lonxanos non o permite.
    O problema dos políticos é que vivides nun universo paralelo, estilo matrix, e aínda que pensedes que as masas están definidas e non pensan por sí sós, hai xente que o intenta, e non reacciona según quen fale. Sintoo, de verdade, unha vez dixen en público que todos me parecen iguais e tacharonme de reaccionario, en fin! qué imos facer.
    Repito, isto é sen ánimo algún de ofensa, nada máis lonxe da miña intención, e se pensas que te estou a ofender, publicamente che pido perdón.
    Saudiña

  22. 22 anarca 23 Xaneiro 2009 ás 18:18

    En canto o poligono, e para rematar, alomenos pola miña banda, pois as posturas son claras:
    -Si desordena un territorio que está ordenado, ordena empresas pero desordena o noso medio de vida, ou cómo lle chamas desfacer un espazo natural? ordenar?
    – En canto os empresarios, o tempo dará ou quitará razóns, solo digo que ofertar 17 millóns de metros cadrados de chan industrial vai facer unha desvalorización do mesmo.O que vai ocorrer é que a propia consellería vai quedar nas máns das organizacións empresariais. A lei é simple, si a oferta é baixa o vendedor pon o prezo; si hai moita oferta, o comprador a pon.
    -Cando digo comarcal, quero dicir comarcal, non un millón de metros en cada zona. De facer, sería mellor “estragar” todo xunto, non cres? quizais uns polígonos de tres millons, ou así,xa digo que non son nin técnico nin político, pero xa que hai zonas deterioradas, para que deteriorar outras.
    -Non, non entendes, si o polígono non afecta avivendas, iso é o maquiavélico; se te fixas, as infraestruturas deseñadas non expropian moitas vivendas, peor, deixanas ao borde, co cal nen tes a posibilidade, mala, pero al fin posibilidade de irte vivir a outro lado. Quedas afectado para sempre, pero iso fíxate: o AVE, a A-57, os polígonos. Entra no google maps e botalle unha ollada ao deseño dos polígonos da zona, para nada son regulares, e ainda as veces rodean núcleos de casas. Imaxínate vivir ao carón dun deles. Aproveita e mira todo o que queda sen desenvolver na granxa.
    E certo, e dicía moi ben Mos que isto non é Zamora, nen Ciudad Real,por iso, hai que pensar en galego, entendesme? Deixa por un intre as ideas preconcebidas, pensa,reflexiona, ponte no lugar de tanta e tanta xente,… En fin, xa digo, por mín rematou, coido que non vas abandonar a túa postura, créme que a repecto, pero en absoluto a comparto.
    Saudiña e a ver se nos topamos noutro foro, unha aperta (e outra para Mos)

  23. 23 castigador 23 Xaneiro 2009 ás 19:03

    diogo parece que che molesta un pouco que nidia sexa a nosa nova e flamante alcaldesa, pois meu amigo, gañou ese dereito nas urnas para o teu pesar, e foi o partido mais votado, quedando a 90 votos da maioria absoluta, ela aliouse cun trásnfuga o cal lle fixeron a vida imposible no psoe e logo andaban polos camiños chorando, xerardiño, xerardiño, porque nos deixaches.
    Non me meto en detalles técnicos do poligono porque non os sei, deixos para anarca que vexo que lle pega bastante a isto, o que si sei, e que ainda que se vote a favor dun poligono, e este sexa unha obra supramunicipal, tampouco se lles vai permitir que fagan o que queiran e que veñan a mos a enrriquecerse a conta dos nosos terreos, creo recordar que nidia dende a oposición sempre reclamou a revisión dos taludes, muros,…, e decir a demanda dos veciños os que a anterior alcaldesa nunca escoitou, agora dende o goberno creo que esta a cumplir con eles, sendo unha das suas primeiras medidas o retranqueo dos muros que tanto se reclamaba, a construcción dunha casa da cultura, o axeitamento do campo das baloutas,…, xestións que pasaba o tempo e o anterior goberno nunca resolveo e o final se non chega alguén o goberno coma neste caso con agallas, estariamos a pelear contra un monstrúo tremendo, e acabariamos sen santo e sen limosna.

  24. 24 Mos 24 Xaneiro 2009 ás 17:48

    “@mos
    Non intento ser simpático. Teimoso coas miñas ideas si que son. O que non son é deses que tornan ecoloxistas cando lles tocan na leira.”

    Non é cuestión de leiras. E cuestión de ser obxectivo. dime de ónde necesita Galiza 17 millóns cadrados de solo industrial.

    Non te podo contestar tan ben como o fai Anarca. Pero sí que agradecería que non expresaras ese desprezo para os que non pensan coma tí, para os que – crimen horrendo- nos “tornamos” ecoloxistas.

    Mellor “tornarse” ecoloxista que tornarse AUTISTA. Eiquí falamos do que estes polígonos fan ao territorio de Galiza.

    Dime soamente que o polígono de Morrazo non vai arrasar a zona, ou que Saxamonde non quedará feito unha merda. Dime que non é certo o dos prezos. Dime que os taludes da Veigadaña caben dentro do razoable, e deixa as pataletas. Parece como se a xente para escribir nun simple foro tivera que demostrar cun certificado. ¿O expides tí? Ata ahí poderíamos chegar. A leria burocrática non me interesa.

    Gracias a Anarca por tomarse o traballo de explicarse con educación e coherencia.

    Outra cousa: non te preocupes, Diogo, se o final vai ser todo como o goberno quere. Está claro que o dereito a información e réplica acabouse. Imos chupar eses 17 millóns de metros queiramos ou non. O único que nos queda é falar. Faltaría que non poideramos.

    Un saúdo.

  25. 25 diogo 26 Xaneiro 2009 ás 07:39

    @mos
    Dime onde amosei desprezo por ti e pedirei desculpas de contado.

    @anarca
    O que diga La Voz de no se Sabe Quien e El Pais de Zapatero non serán considerado como PROBAS por este xurado.

    @castigador
    Vouche contar unha historia. Habia unha vez unha princesiña que herdara do seu avó un bo traballo e máis 5 millóns de maravedies. Pasaron os anos e a empresa na que traballaba a princesiña foi a menos co que as posibilidades de ascenso se reducían. Ademáis a herencia non chegaba para manter o nivel de vida que ela gostaba, nin para comprar o que ela sempre soñara: Un gran coche. Entón a princesiña pensou, se teño 5 millons e o coche vale 6 millons, vou roubalo. Total, son a máis rica do lugar e so me falta un millon.
    O final xa o imaxinas. Chegou a poli e a detiveron coas mans na masa e foi ao caldeiro.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: