Sorteouse o concurso Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!

 

carmen

:: A gañadora do concurso resultou ser Carmen Puga Martínez, unha usuaria da Biblioteca de catro anos de idade ::

A Biblioteca Municipal do Porriño convocou por segundo ano o concurso Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!. Desde o luns 1 de decembro, até o xoves 8 de xaneiro, as usuarias e usuarios da biblioteca foron agasallados cunha participación gratuíta para o concurso con cada préstamo a domicilio efectuado. Foi no día de onte, cando Lúa ConLuvas, a popular contacontos da biblioteca, exerzeu como “man inocente” dando a coñecer a gañadora da cesta de Nadal.

A cesta está composta dunha ampla relación de libros de distintas materias (narrativa, poesía, pintura, historia, obras de divulgación…) para todas as idades. A biblioteca pretendeu ofrecer como agasallo aos seus usuarios e usuarias unha colección de obras para ler ao longo de todo ano entre toda a familia, empregando este tipo de populares sorteos, máis propios doutros ámbitos e sectores, como un factor dinamizador máis dos seus servizos.

Advertisements

0 Responses to “Sorteouse o concurso Que mellor cesta de Nadal que unha chea de libros!”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: