Salceda dispón de novos aparcadoiros públicos gratuítos

salceda_novo-aparcadoiro

O Concello de Salceda de Caselas acaba de por a disposición de tódolos veciños e veciñas de Salceda dous novos aparcamentos públicos para o estacionamento dun total de 350 vehículos. Tratase de dous solares no centro urbán de Salceda que o goberno municipal negociou para a súa cesión temporal por parte dos propietarios. O aparcamento situado na Rúa Zunzunegui, moi preto da casa do Concello, consta duns 2.030 m2., nos que se poderán estacionar 300 vehículos despois de que o departamento de vías e obras acondicionara o lugar para o acceso rodado de automóbiles. O segundo aparcamento úbicase na Rúa Victoriano Pérez Vidal, tamén no centro de Salceda e ten unha capacidade para 40 automóbiles nunha superficie duns 250 m2 que xa está sendo utilizado polos veciños e veciñas de Salceda despois do seu axeitamento

O alcalde, Marcos Besada, salientou o importante esforzo que se está a facer para dotar de prazas de aparcamento ó centro urbán, xa que se sabe que é unha preocupación da maioría dos veciños e veciñas de Salceda. “Ademais con isto tamén se pretende favorecer ó comercio local, nestas épocas de crise.”

O concelleiro de Tráfico, Martín Iglesias, quixo destacar que se sigue traballando tanto na consecución de novos aparcamentos, como nun plan de tráfico que axilizará a circulación de vehículos polo casco urbán, ademais de crear zonas de carga e descarga, tan demandadas polos comerciantes salcedenses.

Advertisements

0 Responses to “Salceda dispón de novos aparcadoiros públicos gratuítos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: