O BNG esixe a Fomento que mellore a seguridade na N550

O responsabel local do BNG en Mos, Miguel Anxo Aldea Moscoso, informou da presentación ante a mesa do Congreso dos Deputados, dunha iniciativa da deputada nacionalista Olalla Fernández Davila, esixindo a  mellora na seguridade da N550 ao seu paso polo concello de Mos.

Este vial soporta o paso de aproximadamente 20.000 vehículos diarios, rexistrándose numerosos problemas nas intersección que se atopan ao longo do seu percorrido entre as parroquias de Ameirolongo e Louredo. Dende hai tempo os veciños e veciñas de Mos, así coma todos os usuarios que a diario circulan por esta estrada , veñen sufrindo o nefasto estado no que se atopa este vial, cun asfaltado tercermundista, sen beirarrúas nin suficiente iluminación en moitos dos seus tramos.

As melloras nesta estrada, veñen sendo unha reclamación histórica do BNG, e grazas ao esforzo do portavoz municipal Xose Manuel Martínez Ojea, e ao concelleiro Xose  Carlos Cabaleiro, se teñen  logrado algunhas melloras na intersección coa EP2601, pero a actitude prepotente do ministerio fixo imposibel a completa humanización desta zona. O estado segue a invirtir a contagotas nun dos viais que máis tráfico soporta na Galiza.

Contando coa colaboración dos deputados nacionalistas en Madrid, que fan un seguimento continuo deste problema , o BNG de Mos, segue traballando para conseguir que dende a administración central, se leven a cabo as melloras que se demandan neste vial, que non son outras máis que a urbanización, o  cambio de asfalto e unha correcta iluminación en toda estrada.

Advertisements

2 Responses to “O BNG esixe a Fomento que mellore a seguridade na N550”


  1. 1 anarca 20 Xaneiro 2009 ás 19:11

    A primeira medida que propón o Burgueses Novos da Galiza é a creación de dous polígonos industriais ao longo de dita estrada, para así aumentar en 4000 vehículos lixeiros e 1200 camións máis o tráfico. Grazas ao bó facer da conselleira de vivenda(ja,ja, vivenda) do incongruente BNG.
    Un defraudado e farto.

  2. 2 Mos 21 Xaneiro 2009 ás 20:31

    No BOE a describen coma unha futura “vía de alta capacidade”. En Mos enteraremonos de todo cando nos fagan voar polos aires, coma sempre. Mentres nos distraen.

    Como dicía o outro día unha política local do noso concello dirixíndose aos veciños que tiña diante: “eu vos diría que procurásedes entender o que é un plan sectorial, unha actuación supramunicipal”. Cun aire de suficiencia intolerable, falando coma se foramos tontiños de todo.

    Volo digo eu: “supramunicipal” significa que eiqui os cidadáns non contamos. Faise e punto. A solución: ser autista, non ler periódicos, non ler en xeral, saber que non hai nada que podamos facer para non ter que sofrir todo isto. E decir, aplicarlle ao cerebro e a o corazón unha actuación supramunicipal.

    Eu non me preocuparía polo tema da seguridade. Iso vai ser unha especie de autovía. Senón, o tempo.

    Eiquí non se vai poder cambiar nada. Todo vai vir feito de arriba, coma nos tempos de Falange Española y de las JONS. Cojonudo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: