O delegado do Goberno vincula a explosión de Mos á ‘actividade persoal’ da titular do coche

:: Ameijeiras apunta que ‘está na investigación’ a posible relación co narcotráfico ::
O delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, vinculou a explosión dun artefacto nun vehículo na localidade pontevedresa de Mos á ‘actividade persoal’ da súa propietaria, unha veciña do municipio, ao tempo que descartou motivacións terroristas ou de movementos radicais.  En declaracións aos medios efectuadas en Vigo trala visita da ministra de Fomento, Magdalena Alvarez, Ameijeiras asegurou que ‘simplemente se está investigando á titular do vehículo’. ‘Entendemos que aí esta a cuestión’, agregou.
Asemade, preguntado pola posibilidade dunha relación co narcotráfico, avogou por non dar ese tipo de detalles. ‘Resérvome iso porque está na investigación’, puntualizou.
No que fai a un posible axuste de contas como causa do ocorrido, o delegado do Goberno en Galicia afirmou que ‘probablemente está en relación coa actividade persoal’ da titular do vehículo.
A titular do vehículo é, segundo informou o delegado, a filla da propietaria do Bar Dourado, situado no número 10 da rúa Ludeiro, en Puxeiros-Tameiga.
Feitos
Un artefacto explosivo colocado nos baixos dun vehículo estacionado na localidade de Mos, estoupou as 3.30 desta madrugada sen causar feridos pero si danos no vehículo. Os feitos aconteceron na parroquia de Tameiga.
Eran ás 3.30h cando a Guardia Civil, segundo fontes oficiais, recibía o aviso dun forte estourido na zona. Axentes enviados a zona verificaron os danos causados nun Citröen Saxo estacionado na estrada: os baixos e as lúas estaban destrozados.
O Grupo de Especialistas en Desactivación de Explosivos (Gedex) da Garda Civil encárgase da investigación dos feitos en relación coa colocación do artefacto. Fontes da Guardia Civil sinalaron que, polo momento, non se descarta ningunha hipóteses en relación cos feitos rexistrados esta madrugada.
 
 

 

 

 

Advertisements

0 Responses to “O delegado do Goberno vincula a explosión de Mos á ‘actividade persoal’ da titular do coche”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: