A alcaldesa de Mos convoca a Xunta Local de Seguridade alarmada polos recentes roubos no municipio

:: Informará ó subdelegado do goberno para que acuda a esta reunión ::

Ante a situación de inseguridade que o municipio de Mos está a vivir nos últimos tempos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, anunciou  que convocará a Xunta Local de Seguridade. A rexedora local comunicou  que informará inmediatamente ó subdelegado do goberno na provincia de Pontevedra, Delfín Fernández, para que estea presente na próxima convocatoria de dita comisión que, segundo Nidia Arévalo, “leva meses sen celebrarse”.

Hai que lembrar que nos últimos meses aconteceron tres roubos na localidade. O último deles, e aínda recente, foi un atraco a man armada nunha panadería próxima ó hospital do Rebullón. A alcaldesa explicou  que “o atracador actuou armado cunha escopeta recortada causando graves secuelas psicolóxicas ó persoal do negocio” e manifestou que “é preciso erradicar de inmediato a inseguridade en Mos”.

Arévalo declarou tamén que espera que a vindeira comisión poña en funcionamento medidas que posibiliten a solución do problema xa que “as anteriores comisións, celebradas cando María Jesús Escudero era aínda alcaldesa, non serviron de nada”. E lembrou ademais que “o subdelegado de goberno xa lle chamara a atención a Escudero por continuar cos catro mesmos policías locais de toda a vida e non aumentar a plantilla”. “Nos últimos cinco anos”, insistiu Nidia Arévalo, “a exalcaldesa de Mos non foi capaz de cubrir as prazas de policía local que faltan por ocupar”.

A rexedora municipal concluiu afirmando que “é necesario que se poña a funcionar xa o aparato de seguridade en Mos e, se fai falla, recurrir a dotacións da Garda Civil para rematar coa inseguridade no Concello”.

Advertisements

2 Responses to “A alcaldesa de Mos convoca a Xunta Local de Seguridade alarmada polos recentes roubos no municipio”


  1. 1 Mos 15 Xaneiro 2009 ás 19:36

    A ver que nos dí o querido queridísimo Delfín dos roubos do Territorio – con maiúsculas- de Mos.

    Contra iso non hai policía, nen polo visto, goberno, que nos protexa-Se fora eu dáballe a comer un pitisú de formigón, pero claro, eu son un ninguén, non un político, Delfín querido. (E asociados), sempre facendo as cousas no nome do pobo, pero sen contar con él.

    Para roubos do entorno natural, identidade do concello, da terra de Mos, dirixirse “al maestro armero”. Este é o mesmo que está mandando multas a mansalva aos colectivos cidadáns de toda a provincia. Os ladróns facendo das súas e os cidadáns a jxxxxxx.

  2. 2 Nidiadequepozonegrosaliche? 20 Xaneiro 2009 ás 19:38

    a policia de Mos non pode facer nada xa anda moi atareada…porque esta todolos dias controlando que a xente non pare na marquesina de puxeiros…iso e cando andan por ahi de baretos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: