O Concello do Porriño edita un almanaque con imaxes do seu Arquivo Municipal da Imaxe

 Vista da estación do Ferrocarril dende os desaparecidos xardins do pazo de Ramiranes. Autor descoñecido/ Arquivo Municipal da Imaxe. Anterior a 1912

:: Os calendarios, baixo o título “Ollar o pasado, construir o futuro”, pódenserecoller no Centro Cultural Municipal a partires do luns día 9 de xaneiro ::

O Concello do Porriño informa, da edición dun calendario para o ano que ven de comezar con fotos recollidas polo Arquivo Municipal da Imaxe. Os doce meses do ano son ilustrados con fotografías antigas do municipio, reflexando cada mes un feito singular que acontece nesa altura do ano. Así, para o mes de febreiro, escolleuse unha fotografía do xogo da ola, característico do entroido porriñés; para o mes de setembro, unha das Festas do Cristo; ou para o mes de novembro, unha da matanza do porco; entre outras.

O calendario reflexa, asemade, os festivos do ano no Porriño, incluindo os festivos locais. Asemade, sinálanse datas como o día da paz, o martes de entroido, o día da muller traballadora, ou o día internacional da loita contra a violencia de xénero, e as festas das distintas parroquias do municipio.

O Alcalde do Porriño, Raúl Francés, afirmou que “Sermos coñecedores do noso pasado faise fundamental para construirmos O Porriño do futuro. Este almanaque que vimos de editar recolle unha serie de fotografías cun valor patrimonial impresionante, representativas do que foi e segue a ser a vida cotiá das xentes do Porriño. Este almanaque axudará a difundir, máis se cabe, o recoñecido labor de recuperación do patrimonio fotográfico do noso municipio por parte do Arquivo Municipal da Imaxe”

Advertisements

0 Responses to “O Concello do Porriño edita un almanaque con imaxes do seu Arquivo Municipal da Imaxe”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: