Vivenda informa ao concello de Mos que os requerimentos sobre a Veigadaña foron asumidos xa en outubro

:: Á Consellería sorpréndelle que a alcaldesa demande uns acordos que xa están asumidos, e achaca esta desinformación aos recentes cambios operados no Goberno municipal de Mos ::

A Consellería de Vivenda e Solo explicará hoxe á alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, que as solicitudes veciñais e municipais en relación ao parque empresarial xa foron asumidas polo Departamento autonómico, e plasmadas por escrito nun documento asinado entre a Consellería e o Concello o pasado día 16 de outubro de 2008.

Entre os acordos asumidos pola Consellería están o retranqueo do actual talude existente no ámbito, o que suporá incrementar a distancia entre o Parque Empresarial Mos I e o vial municipal A Veigadaña-O Castro. Ademais,  a Consellería urbanizará este vial, pese a ser de titularidade municipal, urbanización que consistirá na creación dunha pantalla arbórea entre o límite do parque e o vial, e consistirá tamén na construción dunha beirarrúa que agora non existe e que mellorará substancialmente o tránsito dos veciños. A Consellería aproveitará a urbanización deste vial municipal para mellorar o sistema de saneamento dos núcleo colindantes.

En relación ao retranqueo do talude, a Consellería de Vivenda e Solo sigue pendente do informe dos técnicos municipais para poder executar a obra conforme ás directrices que marque este informe, tal e como se acordou na reunión celebrada o pasado día 16 de outubro de 2008.

Igualmente, o Departamento autonómico tamén asumiu o compromiso de subvencionar a creación dun centro social fóra do ámbito do parque destinado ao uso e desfrute dos veciños. O centro social será financiado maioritariamente pola Consellería de Vivenda e Solo, construído polo Concello e xestionado pola Asociación de Veciños. A Consellería está a espera de que o Concello aporte o terreo para subscribir o convenio de colaboración que permita a construción deste centro social.

O Departamento autonómico tamén se comprometeu a acondicionar o campo de fútbol existente dentro do ámbito do parque empresarial e, ademais, Consellería e Concello se comprometeron a estudar a creación dunha zona verde contigua ao centro social.

Á Consellería sorpréndelle que a alcaldesa demande uns acordos que xa están asumidos, e achaca esta desinformación aos recentes cambios operados no Goberno municipal de Mos. Nese sentido, o delegado provincial da Consellería en Pontevedra, Eudosio Álvarez, aproveitará a reunión de mañá coa alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, para explicarlle os compromisos firmes xa adquiridos pola Consellería en relación ao Parque Empresarial de Mos I, e a documentación na que se plasman estes compromisos. Esta reunión foi solicitada polo Concello de Mos a finais de decembro de 2008 e confirmada pola Delegación Provincial de Pontevedra o pasado venres día 2 de xaneiro, fixando como data de encontro o 8 de xaneiro.

A Consellería de Vivenda e Solo non dubida da total colaboración do Concello de Mos para o desenvolvemento deste parque empresarial, tendo en conta que se trata dunha infraestrutura de enorme importancia para o municipio xa que suporá a creación de riqueza e emprego, factores de grande trascendencia no actual momento de crise e perda de postos de traballo.

800.000 m2 de solo empresarial
A Consellería de Vivenda e Solo inviste un total de 45,3 millóns de euros para o desenvolvemento do Parque Empresarial Mos I na zona da Veigadaña. Unha vez rematadas as obras de urbanización do parque empresarial, esta actuación suporá un importante impulso económico para o Concello, que disporá de 800.000 metros cadrados de solo empresarial para a instalación de empresas.

Parque Empresarial Mos II-Redondela
Ademais, para atender a demanda das empresas na área de influencia de Vigo, a Consellería de Vivenda e Solo vai desenvolver un segundo parque empresarial na zona da Arroufana, o chamado Parque Empresarial de Mos-Redondela, cunha superficie dun millón de metros cadrados.

Nese sentido, a Consellería xa contratou o pasado mes de setembro a redacción do Proxecto de Urbanización e Accesos cun investimento de 224.000 euros e, ao mesmo tempo o Departamento autonómico está tramitando o Proxecto Sectorial e o Estudo de Sostenibilidade Ambiental co obxectivo de simultanear os traballos para remitir ambos proxectos ao Consello da Xunta, a quen lle corresponde a súa aprobación definitiva.

Advertisements

0 Responses to “Vivenda informa ao concello de Mos que os requerimentos sobre a Veigadaña foron asumidos xa en outubro”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: