Touriño anuncia que nos vindeiros días o BOE publicará o estudio informativo do treito do AVE entre O Porriño e a fronteira lusa

 O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño anunciou hoxe que proximamente, nun prazo “non superior” aos dez días, sairá publicado no BOE o estudio informativo sobre o treito do AVE que enlaza O Porriño coa fronteira lusa. Un proxecto, dixo o presidente, froito da estreita cooperación e colaboración entre o Executivo galego e o portugués, e no que ambos gobernos poderán avanzar na reunión que Pérez Touriño e o primeiro ministro portugués, José Sócrates, manterán a vindeira semana.

O xefe do Executivo galego lembrou que o treito entre Vigo e Porriño, coñecido coloquialmente como saída sur da cidade olívica, xa está en tramitación, e que o estudio informativo xa saíu a información pública; polo que só resta o treito entre O Porriño e a fronteira portuguesa que, segundo avanzou o presidente, “xa lles adianto a miña previsión que, en breve, o verán publicado no BOE”.

O impulso ao AVE, entre os obxectivos da xuntanza
Este proxecto, segundo Touriño, “é expresión máis clara de que se está traballando por ambas as partes; é dicir, ese é un dos obxectivos desa xuntanza que quixen facer neste mes de xaneiro con carácter previo ao Cumio Ibérico”, que se vai celebrar nos últimos días deste mesmo mes en Zamora e á que se incorporan as comunidades autónomas limítrofes con Portugal. “Sempre asistín a esa reunións e alí estarei como presidente de Galicia”, lembrou.

O titular da Xunta incidiu en que os prazos de execución do tren de alta velocidade “se manteñen sobre a base do traballo, do desenvolvemento, e non debe haber preocupación en relación cos temas técnicos”, aseverou. “Todo iso está previsto e tecnicamente se resolverá da forma oportuna. Hai unhas características de trazado e de ancho para o Eixo Atlántico, para o tren de alta velocidade que ten os parámetros de deseño para que Vigo e Oporto e o seu tempo de percorrido quede reducido a algo menos dunha hora”, remarcou.

O xefe do Executivo galego asegurou que a distancia entre ámbalas dúas cidades mediante a alta velocidade será “inferior lixeiramente á hora”, polo que, dixo, “xa veremos tecnicamente cómo se producen os temas de cambio de ancho”. “Iso non é un problema serio. Non estamos falando dun proxecto que afecte para nada nin que se prantexe ningunha novidade en relación coa súa execución”, salientou.

Compromiso persoal
Touriño reiterou o seu compromiso persoal co proxecto. “Saben que o levo persoalmente, a consellería de Política Territorial tamén está involucrada, e non fai falta dicir que para o presidente da Xunta de Galicia todo o que afecta a Galicia é coma se fora da súa competencia”, engadiu.

“A Xunta de Galicia non define tecnicamente nin é a responsable competencialmente do tren de alta velocidade, pero politicamente asume o seu impulso. O asumo persoalmente como presidente do país e niso estamos. Por iso me teño entrevistado en máis dunha ocasión co primeiro ministro e cos ministros portugueses e para iso o luns estarei en Lisboa”, aseverou.

 

Advertisements

1 Response to “Touriño anuncia que nos vindeiros días o BOE publicará o estudio informativo do treito do AVE entre O Porriño e a fronteira lusa”


  1. 1 Carlos Andrés Rego Edreira 11 Xaneiro 2009 ás 14:59

    Hombre, yo pienso que esto de la alta velocidad puede estar bien. Sin embargo, y sin esperar al dos mil no se cuantos, hoy en día tenemos una línea infrautilizada con dos conexiones al día (una en cada sentido), caras y muy lentas. Es posible mejorar este servicio sin tener que esperar al dos mil no se cuantos.

    Saludos.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: