Para o BNG de Mos o retraso das obras nos accesos a San Eleuterio non teñen excusa

O BNG de Mos manifestouse preocupado polas declaracións realizadas polo actual goberno municipal sobre a construcción dos accesos á urbanización de San Eleuterio, en Tameiga. A alarma xurdiu pola posibilidade de perder a obra debido ó retraso que leva a realización da citada actuación. Os nacionalistas, en boca do seu voceiro Xosé Manuel Martínez Ojea, rexeitan rotundamente calquera tipo de culpabilidade, dado que o retraso produciuse estando o BNG fora do goberno e mesmo cando xa se xustificara a primeira parte da subvención, aproximadamente duns 90.000 euros en forma de acopio de materiais.

Xestións do BNG
O BNG fixera no seu momento as xestións necesarias ante a Xunta para conseguir o importe íntegro das obras sin que costara un só céntimo ao concello de Mos. “E agora fixo xa as oportunas xestións para que a subvención se poida trasladar ó ano que ven para non perdela”, asegurou Xosé Manuel M. Ojea. Os nacionalistas denuncian que agora o Partido Popular está a bora as culpas aos demais dos retrasos nas obras “cando son eles os que teñen que responsabilizarse da marcha do concello”, apuntos Ojea. O BNG considera unha grave irresponsabilidade deixar pasar o tempo e non asumir os compromisos que a Xunta ten co concello de Mos para axilizar as cousas que están pendentes.

Advertisements

0 Responses to “Para o BNG de Mos o retraso das obras nos accesos a San Eleuterio non teñen excusa”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: