Os Reis Magos percorrerán durante tres días as parroquias de Mos

reis-magos

:: A partir do venres, 2 de xaneiro, visitarán San Eleuterio, Cela, Petelos, Sanguiñeda, Pereiras, Torroso, Guizán, Dornelas, Louredo e Mos ::

 

As súas maxestades os Reis Magos -Melchor, Gaspar e Baltasar- comezarán este venres, 2 de xaneiro, o seu programa de visitas por todas as parroquias de Mos. Os nenos e nenas poderán coñecelos e conversar con eles se acoden o venres de 11.30 a 13.30 á AAVV. San Eleuterio, de 16.30 a 18.30 h á Asociación de Celado e, de 19 a 21 h, á Asociación de Petelos (Biblioteca de Mos).

 O sábado, 3 de xaneiro, as súas maxestades asistirán de 11.30 a 13.30 h á AA.VV. Chan do Bosque (Sanguiñeda), de 16.30 a 18.30 á AA.VV. A Nosa Terra (Pereiras) e, de 19 a 21 h, á AA.VV. San Mamede (Torroso).

 A chegada dos Reis Magos o domingo, día 4, está prevista ás 11.30 ao CC de Guizán. Despois, de 16.30 a 18.30 h, estarán na AAVV. de Dornelas e, de 19 a 21 h, na AAVV de Louredo. Finalmente, o luns 5 recibirán aos nenos e nenas no Pazo de Mos de 11.30 a 13.30 horas.

 Ademais, os máis pequenos poderán gozar da actuación do pallaso Popín, xa que os Reis, na súas visitas, irán acompañados polo divertido bufón.

 Xa pola tarde, o luns 5 ás 17 horas, concentraranse as carrozas da Cabalgata na Capela de San Amaro (Petelos) e, ás 18 horas, comezará o desfile destas cara ao pavillón Óscar Pereiro, onde actuarán as diferentes tunas que tamén participan na Cabalgata de Reis.

Advertisements

0 Responses to “Os Reis Magos percorrerán durante tres días as parroquias de Mos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: