O pleno volve ao Pazo de Mos tras 73 anos

mos_pleno-pazo

:: Goberno e oposición enzarzáronse nunha discusión sobre a composición das comisións informativas que pasan a estar conformadas por 10 concelleiros ::

Tras 73 anos, onte, cumprindo co compromiso entre o concello e a Fundación Pazo de Mos, celebrouse un pleno neste emblemático edificio recén recuperado e restaurado. “O concello nunca tivo que ter marchado de aquí, roubárono no ano 35, foi unha tropelía e é hora de recuperar a memoria histórica e a dignidade devolvendo o concello para Mos”, anunciou o presidente da Fundación Ramón Lago, nun inciso do pleno no que a alcaldesa Nidia Arévalo, o convidou a achegarse ao  micrófono.

Lago aproveitou esta deferencia para pedir a Arévalo que o concello volva ao antigo edificio, ou que polo menos se trasladen a el os plenos e as vodas civís. Asemade lembrou o compromiso que a fundación tiña co anterior goberno de eliminar as granxas emprazadas nos terreos colindantes ao pazo e que “sufren os veciños”, para recuperar ese espazo como zona de disfrute.

“Recollemos as peticións da Fundación e faremos unha xuntanza para falar delas” asegurou a alcaldesa, Nidia Arévalo, ao tempo que a voceira do PSOE, a ex alcaldesa María Jesús Escudero, lembraba o seu compromiso de facer desaparecer as granxas colindantes a través da aprobación do PXOM, “que esperabamos poder presentar en xaneiro cunha previsión de desenvolvemento para esta zona”.

O pleno de onte foi un pleno de lembranzas e celebración, pois era a primeira vez que o órgano supremo do concello volvía alí tras a II República. Foi ademais un pleno calmado, no que os aplausos do público suplían aos abucheos escoitados nas últimas sesións. Aplausos, iso sí, aos continuos ataques verbais entre o goberno e a oposición, desconforme coa sesión extraordinaria, ao considerar que neste mes aínda no se celebrou o pleno ordinario.

Políticamente a sesión non deu moito máis de si. Presentáronse as comisións informativas que pasarán de oito a nove, e que cambian na súa composición. Pasase de ter 4 representantes o PP, 3 o PSOE e 2 o BNG (co que había un 4-5 ao favor do antigo goberno), a conformarse unha comisión con 5 membros do PP, co que será de 10 concelleiros e non de 9 como ata de agora. Escudero mostrou a súa desconformidade por esta composición, ao considerar que non era proporcional co número de concelleiros de cada grupo, pero Arévalo asegurou que a proporcionalidade para ela estaba clara, ao ser oito membros da oposición (a suma do BNG e do PSOE) e oito o goberno (os do PP), sen contar a Gerardo Alonso, non adscrito. “Vostede non vai ter máis representación na comisión que o PP”, díxolle á voceira socialista. Ante as protestas do voceiro nacionalista, X.M. Ojea, de que non se tiña contado coa oposición para levar a cabo o reparto, a alcaldesa espetoulle que “me alegra que empece a probar do seu propio xarabe”. .

Advertisements

0 Responses to “O pleno volve ao Pazo de Mos tras 73 anos”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: