Caride inaugura o novo enlace de Atios que permite un acceso directo á autovía O Porriño-Tui para o tráfico procedente de Salvaterra e Salceda

o-porrino_acceso-a-autovia:: Política Territorial investiu máis de tres millóns de euros nesta actuación que evita que un importante volume de tráfico pesado teña que atravesar o casco urbano do Porriño ::

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, inaugurou hoxe o novo enlace da estrada autonómica Atios-Salvaterra (PO-510) coa N-550 á altura de Atios, no concello do Porriño, o que permite un acceso directo á Autovía O Porriño-Tui (A-55) para o tráfico procedente de Salvaterra de Miño con dirección a Vigo. Nesta actuación a Consellería de Política Territorial investiu 3,1 millóns de euros.

Ata o de agora, o movemento que tiña que realizar o tráfico procedente de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e a zona industrial do Porriño para entrar na autovía en dirección norte esixía unha complicada manobra, consistente ou en percorrer 200 metros en dirección sur, pasar polo medio do polígono industrial e volver a dirixirse cara o norte, ou en atravesar o casco urbano do Porriño.

Para solucionar este problema construíuse un novo ramal que permite a incorporación directa na Autovía en dirección norte e que inclúe unha ponte sobre a N-550 e a vía do ferrocarril. Esa nova estrutura deseñouse co gálibo (altura) adecuado para permitir o paso do tráfico industrial da zona. A obra supuxo tamén a construción de dúas glorietas, unha na intersección da estrada Atios-Salvaterra coa N-550 e outra na saída da A-55 cara á PO-510. Igualmente, reforzouse o firme e ampliouse o treito final desta estrada autonómica ao longo dos 180 metros existentes entre as anteditas glorietas para habilitar ata catro carrís: acceso á N-550 de catro metros de anchura, acceso á A-55 de seis metros, entrada á glorieta final dende a PO-510 de catro metros e saída da glorieta cara á PO-510 doutros catro metros. No lado dereito deste treito ampliado entre as glorietas tamén se habilitou unha beirarrúa de 1,5 metros de anchura.

Así mesmo, prolongáronse e ampliáronse os accesos á A-55, de xeito que agora conta cada un deles con máis de 400 metros de lonxitude, un carril de 4 metros de anchura, unha beiravía dereita de 2,5 metros e outra esquerda doutro metro. Ademais, construíuse un terceiro carril na A-55, duns 400 metros aproximadamente, entre o enlace coa PO-510 e o seguinte enlace coa AP-9, co que se incrementa a capacidade da autovía nese treito e se axiliza a circulación.

A construción deste enlace supón unha notable mellora tanto para a mobilidade dos tráficos industriais da zona como para a calidade de vida dos veciños do Porriño que, como nó de infraestruturas viarias, tiña que soportar un importante tráfico de vehículos pesados. O novo acceso directo á autovía permitirá reducir o tránsito pola estrada convencional que atravesa O Porriño e, polo tanto, que a súa cidadanía gañe en seguridade viaria e calidade ambiental.

Igualmente, o novo enlace supón unha mellora para a accesibilidade dos concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, melloras que se verán incrementadas coa conexión directa por autovía coa PLISAN que construirá Política Territorial e cuxo gasto de case 22 millóns de euros ven de ser autorizado hai dúas semanas polo Consello da Xunta.

Protesta veciñais

Os veciños de Vilafría, en Atios, acudiron hoxe a inauguración do enlace para pedir directamente ao alcalde e á conselleira a mellora do acceso ao barrio. Nunha reunión de urxencia, baixo a choiva, os veciños conseguiron o compromiso do rexidor de levar a cabo este arranxo “canto antes”. Aínda que, nun principio, íase agardar, segundo asegurou Francés. ao soterramento da liña de alta tensión para asfaltar esta estrada. A delegada de Política Territorial, anunciou sen embargo que a consellería tentaría achegar ao concello os cartos para esta actuación.

Ademáis a delegada da consellería reunirase novamente coas familias das tres casas que quedaron aisladas por culpa desa nova infraestructura para negociar a expropiación das mesmas.

 

Advertisements

5 Responses to “Caride inaugura o novo enlace de Atios que permite un acceso directo á autovía O Porriño-Tui para o tráfico procedente de Salvaterra e Salceda”


  1. 1 Mos 30 Decembro 2008 ás 18:34

    Se volven a darlle o poder, o seguinte que esa pécora vai inaugurar será o desmembramento do Concello de Mos. Autovía e vías de alta capacidade por decreto.

    Non concede entrevistas, non fala co concello. É pura e simplemente unha fascista. Ogallá algún día te den da túa propia menciña. Mentres tanto, deixa que todas as labercas que te rodean te sigan facendo a pelota. A tí, ao merdeiro de tourican e a todos os teus amiguiños.

    Xentiña. Mala xente.

  2. 2 PROGRESO 31 Decembro 2008 ás 10:23

    A éste ou esta que me precede no comentario e que utiliza o pseudónimo de MOS, decirlle que me parece unha persoa liberal, mais ben de centro esquerda que de centro dereita.
    El/ela aínda non o sabe, pero co tempo se dará conta.

    Un saúdo e boas festas.

  3. 3 Mos 31 Decembro 2008 ás 15:48

    Saúdos ao progreso e boas festas tamén.

    Liberal, xamáis (Esperanza Aguirre dis que é liberal). De centro tampouco. Da esquerda que representa tan cumpridamente a señora Caride, nin de coña.

    Do que sí me dou conta e non necesito tempo en absoluto para decidilo é de que o Asfalto non é progreso.

    Espero que non te informes sobre as infraestructuras de Fomento e da Xunta no noso concello, porque ía arruinarte as festas.É desolador.

    Nota: “A este ou esta PERSOA que me precede no comentario…”. E que se non soa un pouco brusco. Xa sei que non era a túa intención, pero por se acaso. Entre cidadáns hai que respetarse.

    A algunhas persoas de esquerdas, o fondo nos parece tan importante como as formas. (Cos cidadás de a pé coma vostede, Progreso, non coas autoridades. A eses, caña sempre). Son demasiados anos, e nos é dificil xa cambiar. Incluso nestes tempos de tanto enxuague e tanta hipocresía.

    Saúdos e bos desexos para todo o noso concello.
    A ver se podemos esquivar a anexión. E ter progreso.

  4. 4 Alex 1 Xaneiro 2009 ás 12:18

    Pues a mí Mos me recuerda al estilo faltón y desagradable de Losantos.
    Por fortuna los políticos son gente de a pie; usted mismo podría ser autoridad,….aunque creo que ya se ha desautorizado.
    Un poco de respeto, por favor, entre ciudadanos hay que respetarse.

  5. 5 Mos 1 Xaneiro 2009 ás 15:17

    bos días, Alex.

    Ese é un erro moi en boga hoxe: os que non estamos a favor das políticas da Xunta somos Losantos.

    Poi vai ser que non. Deixeme recordarlle que o bipartidismo non é o unico que hai. Nen o bipartidismo nen o bipartito. Hai xente – menos mal- que todavía temos ideoloxía, e que podemos expresala porque non temos máis ca nosa opinión. Ningun partido nos da de comer.

    A frase que vostede repite “entre cidadáns hai que respetarse”, está xa no meu comentario. Respeto aos cidadáns, por suposto. Respeto ante políticas clientelistas, que non responden as necesidades de Galiza, nunca. Infórmese sobre medio ambiente.

    E, por certo, isto é unha democracia – a lo menos en teoría- e cada un pode dicir o que pensa. E outra cousa máis: o meu estilo penso que a lo menos é gramaticalmente correcto, en absoluto faltón ou desagradable. último apunte: nunca escoitei a losantos, recoméndolle a vostede que faga o mesmo. Din que o estómago sofre moitísimo.

    Un saúdo e feliz primeiro de Ano para vostede.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: