O novo goberno de Mos presenta un orzamento de oito millóns

mos_novo-goberno-orzamentos

:: Aseguran que potencia servicios básicos, emprego, asociacionismo e servicios sociais ::

 Os grupos da oposición teñen dende o pasado venres o borrador dos orzamentos de 2009 para o seu estudio.  Unhas contas que ascenden a oito millóns de euros e que pretenden potenciar, segundo anuncia o novo goberno bipartito de Mos, “os servicios básicos para os veciños, como auga da traída pública ou sumidoiros, e ten en conta o asociacionismo da localidade para levar a cabo os proxectos de Cultura e Deporte. Tamén promove o emprego e os servicios sociais a través de novos programas innovadores e imaxinativos que se irán desenvolvevendo paseniñamente”.

 Ademais do orzamento, Nidia Arévalo, alcaldesa do municipio, anuncia un plan de inversións de máis de sete millóns de euros, dos que forman parte os dous millóns determinados polo anterior goberno co Fondo do Estado e da que a asignación a obras, realizada días antes da toma de posesión do novo equipo, vai a ser respectada, aportacións do Concello e doutras administracións.

 Con este plan, preténdese ademais de dotar ao municipio con servicios básicos, loitar contra o desemprego nunha zona especialmente sensible

Arévalo, destacou que o orzamento de 2009 “é un presuposto realista, no cal non se vai realizar ningunha operación de crédito e onde se reducen os ingresos á realidade de 2007 a excepción da previsión de licencias pola próxima posta en funcionamento do Polígono Empresarial de Mos”.

 Estas contas serán levadas a pleno municipal despois do período de nadal, sendo a previsión do grupo de goberno sometelo a consideración do Pleno o vindeiro día 12 de xaneiro.

Advertisements

0 Responses to “O novo goberno de Mos presenta un orzamento de oito millóns”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: