Éxito das xornadas de concienciación ecolóxica en Salceda

salceda_xornadas-de-concienciacin

O pasado sábo 20 , en Salceda de Caselas, a Asociación Treze Catorze organizou unha xornada de consumo responsable denominadas CONCIENCIA  ECOLÓXICA. Esta xornada desenrolaronse en dou ambitos cercanos entre sí, como son a praza do Concello e o Auditorio Municiapl. No primeiro lugar  instalouse unha carpa onde diversos stans amosaban productos ecolóxicos, productos de comercio xusto, artesanía e as actividades que diferentes ONG´S están desenvolvendo en favor da xente maís necesitada nos paises en vías de desenrolo. Nese mesmo lugar levaronse a cabo dous obradoiros, un desenvolvido por Adega onde pequenos e maiores construiron agasallos de nadal a partires de artigos reciclados, como tetabricks, latas de refrescos, plasticos, telas , etc. e outro de elaboración de cestos de bimbio. Xa no auditorio municipal diferentes oradores (vexáse diptico) disertaron sobre temas tan variados como a ecolóxia, a axuda ó terceiro mundo, as abellas e o mel, os cogumelos, etc.

Os responsables da Treze Catorze, despois de agradecer a colaboración de tódalas asociacións, expositores e o Concello de Salceda de Caselas pola súa colaboración, mostraronse moi satisfeitos coa afluencia de xente, así como co desenrolo en xeral de toda a xornada. Masnifestaron a súa vontade de repetir para o ano, intentando que teña incluso máis repercusión e se é preciso  ampliar as xornadas a dous días. “É moi importante que a xente se conciencie de tódos estes temas, sexa máis solidaria e ecolóxica, xa que que o desenrolo socioeconómico actual é totalmente insostible, o que supón que nos estamos cargando o planeta entre tódos co agrabante da miseria e a fame nos paises ménos desenvolvidos.”

Advertisements

1 Response to “Éxito das xornadas de concienciación ecolóxica en Salceda”


  1. 1 febreiro 31 Decembro 2008 ás 00:05

    Quero felicitar aos organizadores destas xornadas ecolóxicas pola súa iniciativa. Eu estiven por alí e penso que independentemente da xente que asistise, pódese considerar un éxito simplemente polo feito de terse levado a cabo. E moi loable que nos tempos que corren un grupo de mozos e mozas adiquen o seu tempo libre a tarefas altruistas como estas. Segue habendo esperanza pra un futuro mellor con xoves como estos. A miña sinceira noraboa e apoio pra que sigades neste camiño moito tempo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: