“As políticas de corte social son o corazón do traballo do noso grupo de goberno”

raul-frances_foto-hernandez2

Remata o ano e é o momento de facer balanzo: proxectos executados no 2008, que se agarda do 2009, os porriñeses e porriñesas ante o difícil momento económico… de todo isto quixemos falar durante unha entrevista co alcalde do porriño, Raúl Francés, que aproveitou para felicitar as festas ás veciñas e veciños do municipio.

Redacción/Foto Hernández

-Que balanzo fai vostede deste 2008 que xa remata?. Que proxectos se realizaron e cales quedaron no tinteiro?
-A principios desta lexislatura anunciabamos que centrariamos o noso traballo nas políticas para a xente. As políticas de corte social son o corazón do traballo do noso grupo de goberno: benestar social, emprego, políticas de igualdade, animación sociocultural… A consecución do centro de día para maiores no Porriño que se está a construir no polígono de Torneiros; a próxima culminación das obras da galescola no centro urbano; a construcción de 36 vivendas de promoción pública en Torneiros que permitirá cumplir o compromiso de traslado das familias do bloque 23 afectado polas obras do lindano e abrirá posibilidades de vivenda a outras tantas familias alomenos; o plan de transporte adaptado e de xantar na casa; a sinatura do convenio de soterramento da liña de alta tensión do polígono de Torneiros e a licitación da remodelación dos espazos da fase III e a humanización dun bo tramo de Antonio Palacios son realidades que demostran que estas políticas pensando na xente levan un bo camiño avanzado neste ano 2008.

-Vai ser o 2009 un ano de novos proxectos?
-O 2009 será un ano de bastante obra pública e de por en marcha os servizos que agora están en construcción. A idea é que os fondos do estado que van vir poidan chegar as diferentes parroquias. Sobre todo a aquelas que secularmente foron marxinadas. De todos os xeitos son partidario de non por o carro antes que os bois e ir anunciando as cousas cando estean xa plasmadas con compromiso económico e coas obras contratadas. Así o fixemos sempre e o imos seguir facendo. Hai que traballar cos pes na terra e procurar e dar os pasos na secuencia e na dirección correcta.

-Que lle recomendaría aos porriñeses e porriñesas como Alcalde para facerlle fronte a un ano economicamente duro?.
-O 2009 vai ser un ano duro para todos e todas. Circunstancias coma estas xa as temos vivido na nosa historia e sabemos que hai que afrontalas con unidade e pensando sempre en mellorar as condicións dos que máis sufren. Reforzar as unidades de benestar social e emprego é tarefa que dende o concello vemos imprescindible e imos apostar por elas. A sociedade porriñesa sabe que vai haber moitas dificultades e o impacto social da crise vai ser duro pero hai que tentar de sair reforzados como comunidade. É un esforzo colectivo que precisa as mans das institucións, os axentes sociais e sobre todo a implicación directa do vecindario. É o tempo de sacar o mellor de nós mesmos e por en primeira linea os valores da solidariedade, o apoio mutuo e a cohesión social. Estou seguro de que os porriñeses e porriñesas seremos quen de ser exemplo nesta dificil tesitura.

-Aproveite para felicitar as festas aos veciños e veciñas…
-Aproveitemos estas festas para disfrutar da calor da familia e as amizades e adiquemos tamén parte do noso tempo para aqueles que por unhas circunstancias ou outras están pasando dificultades. Felices festas a todos e a todas.

Advertisements

0 Responses to ““As políticas de corte social son o corazón do traballo do noso grupo de goberno””



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s





%d bloggers like this: